A protección da biodiversidade é un reto inaprazable para o futuro do planeta e das persoas
Comprometémonos/Comprometémosnos a garantir que as nosas estratexias, obxectivos e metas contribúan á recuperación da natureza, traballando para transformar as instalacións do ciclo da auga en infraestruturas verdes que sirvan de apoio ao ecosistema no que están situadas e favorezan os servizos que nos ofrece a natureza.
Instalación de Viaqua | Foto: Viaqua
Cada 22 de maio celebramos o Día Mundial da Biodiversidade, unha xornada para concienciar e impulsar accións que restauren e coiden os ecosistemas naturais. O primeiro paso que debemos levar a cabo é un exercicio de reflexión connosco mesmos e reexaminar nosa relación co medio natural. Temos que ter clara a idea de que dependemos por completo de ecosistemas saudables que nos garantan auga, alimentos, medicamentos ou enerxía. O seu coidado e protección repercuten directamente na nosa saúde e na do planeta.
“Construír un futuro compartido para todas as formas de vida” é o lema escollido este ano, unha maneira de promover a idea de que a biodiversidade é fundamental para equilibrar o clima, mellorar os problemas de saúde alimentaria e hídrica e axudar a preservar o ciclo integral da auga.
Pero, tan mal estamos a facelo? Aquí tes uns datos sobre como repercute o noso modo de vida en o medio natural:
En Viaqua, empresa cunha traxectoria de máis de 50 anos, ofrecemos solucións innovadoras ao redor da xestión sostible da auga, os recursos naturais e a saúde ambiental para as cidades, a agricultura e a industria, en liña coa folla de roteiro da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.
Como empresa galega que que xestiona un recurso natural clave para máis de 765.000 persoas, en preto de 50 municipios, e para preservación da biodiversidade, recoñecemos a necesidade de implicarnos na transformación do modelo de desenvolvemento para contribuír á construción dunha sociedade saudable, na que a diversidade biolóxica é un compoñente esencial do desenvolvemento sostible.
Comprometémonos/Comprometémosnos a garantir que as nosas estratexias, obxectivos e metas contribúan á recuperación da natureza, traballando para transformar as instalacións do ciclo da auga en infraestruturas verdes que sirvan de apoio ao ecosistema no que están situadas e favorezan os servizos que nos ofrece a natureza.
No ámbito da biodiversidade, o noso compromiso céntrase en:
Como ves, a perda de biodiversidade non é un problema alleo, senón todo o contrario: os ecosistemas sustentan todas as formas de vida da Terra. O seu coidado e protección son fundamentais para a nosa saúde, para garantir a calidade dos alimentos e da auga e para reducir a contaminación. Empeza hoxe asumindo o teu compromiso cos 3 R: reducir, reutilizar e reciclar e ir mudando os teus hábitos de consumo para protexer a biodiversidade, co compromiso e axuda de todos e todas, podemos facelo!
Escribe o teu comentario