En Galicia non hai ningún caso aínda de vexigas do mono, indica o SERGAS, un mal con "mortalidade aproximada do 10-15%"

O Estado acaba de decretar unha alerta ás comunidades autónomas ante a posible propagación das vexigas do mono. 


|

O Estado acaba de decretar unha alerta ás comunidades autónomas ante a posible propagación das vexigas do mono. 


Galiciapress consultou á consellería de Sanidade se localizara algún casos sospeitoso no país e, por agora, a resposta é que non.


Imaxe dun paciente de vexigas do mono publicada pola OMS

Imaxe dun paciente de vexigas do mono publicada pola OMS 


Segundo figura en a Guía de enfermidades infecciosas importadas publicada polo Ministerio de Sanidade amonkeypox ou vexigas dos simios está causada por un orthopoxvirus. Estamos ante unha enfermidade viral zoonótica que pode infectar a primates non humanos, roedores e algúns outros mamíferos.


Ata o de agora era un mal endémico en África central e occidental, onde circula en hóspedes animais descoñecidos e xorde periodicamente como unha zoonosis en humanos. A adaptación dun virus animal ao organismo humano é un mecanismo de transmisión similar ao que sospeita causou a actual pandemia do coronavirus covid-19.


Dáse principalmente en África Central e Occidental (Costa do Marfil, Camerún, Congo, Gabón, Liberia, Nixeria, Serra Leona e República Centroafricana). Con todo, xa chegara a Europa antes deste ano, pois Sanidade apunta que tamén houbo casos en Francia ou Holanda.


SÍNTOMAS E MORTALIDADE

Os síntomas son erupcións vesiculopapulares e linfadenopatías dolorosas. Outros son febre, cefalea, mialgia, dorsalgia, astenia importante e adenopatías. Se resolve en 2-4 semanas tras un período de incubación de 10 a 12 días. O máis preocupante é o seu perigo, pois a guía oficial do Ministerio estima unha "mortalidade aproximada do 10-15%".


Os contaxiados deben gardar "asilamiento estrito" porque "se transmite de persoa a persoa", indica a citada guía. 


En España, os últimos datos oficiais hai 8 casos sospeitosos en Madrid, todos en homes, que está a estudar o Ministerio. Non están confirmados. O Reino Unido e Portugal confirmaron nos últimos días 12 casos. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE