O Galicia Fórum Gastronómico, “o maior evento gastronómico profesional do norte de España”, quenta fogóns
O vindeiro xoves 19 de maio ás 11h celebrarase a presentación do renovado congreso Galicia Fórum Gastronómico.
O vindeiro xoves 19 de maio ás 11h celebrarase a presentación do renovado congreso Galicia Fórum Gastronómico.
Fórum foi desde sempre unha magnífica plataforma de lanzamento e promoción do talento dos mellores cociñeiros galegos, ademais de ser un gran foro de formación e reciclaxe”, sinala a organización.
Fórum Gastronómico en 2019 | Foto: Fórum Gastronómico
Conta atrás para o regreso dunha cita imprescindible no mundo da gastronomía desde a súa estrea alá por 2008. Con enerxías renovadas, A Coruña prepárase para coller, por cuarta edición seguida, o Galicia Fórum Gastronómico, considerado “o maior evento gastronómico profesional do norte de España”.
Aínda faltan por coñecer os pormenores da cita, que se darán a coñecer o vindeiro xoves 19 de maio, ás 11 horas no Hotel NH Collection A Coruña Finisterre. A presentación correrá a cargo de Ana Trevisani, Pep Palau, Jaume von Arend e representantes dalgúns dos apoios do acontecemento, como son a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a cervexeira Estrela Galicia.
Fórum Gastronómico en 2019 | Foto: Fórum Gastronómico
Trátase de “un punto de encontro imprescindible para os profesionais do food service”. “Fórum foi desde sempre unha magnífica plataforma de lanzamento e promoción do talento dos mellores cociñeiros galegos, ademais de ser un gran foro de formación e reciclaxe dos mesmos a través da presenza de figuras internacionais da cociña”, celebran os organizadores, á vez que poñen en valor o seu poder para contribuír ao desenvolvemento do sector, capital para a economía galega.
Os expositores do Fórum lucirán tamén algunhas das mellores compañías galegas, desde firmas leiteiras ata conserveiras, pasando polo mundo do viño ou a carne, así como a última tecnoloxía para a hostalería ou produtores locais de proximidade.
Escribe o teu comentario