A Confederación Intersindical Galega denuncia os recortes de persoal en seguridade do CC Marineda City
Tamén sinalan que o persoal restante será sometido a unha unha excesiva carga de traballo ao carecer de man de obra para suplir as xornadas.As xustificacións polas que se producieron estas destitucións non satisfacien á CIG. Así, critican que en febreiro se eliminasen catro postos de traballo por mor da pandemia e que, dous meses despois, volvan producir recortes coa escusa da inflacción e da subida do prezo en electricidade. "Hai dous anos había catro vixiantes máis que agora.
Este incremento de despidos provocaron manifestacións ao longo da semana.
A redución do persoal tamén se estende ao persoal auxiliar e aos traballadores do punto de información.
Manifestación no CC Marineda City /Arquivo: CIG
A sección sindical reclama que o obxectivo da zona comercial sexa economizar gastos. Tamén sinalan que o persoal restante será sometido a unha excesiva carga de traballo ao carecer de man de obra para suplir as xornadas.
As xustificacións polas que se produciron estas destitucións non satisfán á CIG. Así, critican que en febreiro se eliminasen catro postos de traballo a causa da pandemia e que, dous meses despois, volvan producir recortes coa escusa da inflación e da subida do prezo en electricidade.
"Hai dous anos había catro vixiantes máis que agora. E das tres persoas que quedan, dúas son mandos intermedios", sinalan no seu comunicado. Ademais, aseguran procurar negociacións coa xerencia do complexo comercial para paliar esta crise laboral, pero sen resposta pola outra parte. Fontes oficiais do Marineda City tamén declinaron a posibilidade de manifestar a súa versión a Galiciapress e prefiren manterse en silencio ante as presentes denuncias.
CRÍTICAS A PROSEGUR
A representación social tamén rexeita a xestión da empresa que ten contratado o servizo de seguridade. Afirman que Prosegur aplicou os cortes ditados pola xerencia do Marineda City sen aviso previo aos traballadores. O habitual é convocar un comité, pero non o houbo e, por ese motivo, esta situación xa se atopa en mans da Inspección de Traballo.
Escribe o teu comentario