A IX Edición da Carreira contra o Cancro da Coruña celebrarase o próximo 29 de maio
O Concello herculino e a Asociación Española contra o Cancro presentaron o evento, cuxa recadación se destinará á investigación.
Foto: EP
A Asociación Española contra o Cancro e o Concello da Coruña convocan a novena edición da carreira e 'andaina' solidarias que se celebrará o 29 de maio. Os fondos que se recaden destinaranse á investigación.
Así o explicou o presidente da asociación nesta provincia, Manuel Aguilar, nun acto de presentación celebrado no Obelisco e con presenza tamén da concelleira de Deportes, Mónica Martínez.
Sobre esta convocatoria, que se celebra despois da pandemia, explicou que o obxectivo é superar os 4.000 participantes que houbo na de 2019. Pola súa banda, Mónica Martínez destacou que "o deporte está sempre ao servizo de diversas causas solidarias, o compoñente competitivo queda nun segundo plano".
Na iniciativa, todas as persoas que queiran participar terán cabida xa que haberá unha carreira absoluta para maiores de 18 anos; unha 'andaina popular' para todas as idades e as carreiras para menores de idade.
A inscrición para as probas xa está aberta e poderá realizarse a través da web www.corunaenmarchacontraocancro.com, así como a sede da Asociación Española Contra o Cancro. A partir do 29 de abril, poderán realizarse as inscricións no Corte Inglés.
Escribe o teu comentario