(VÍDEO) Iago Aspas, exemplo dentro e fóra de campo, queda en coiros para contentar a uns nenos
O xesto do dianteiro celeste hase viralizado en redes sociais, dando exemplo do trato e a tención que un deportista de elite debe prestar aos afeccionados máis pequenos.
O xesto do dianteiro celeste hase viralizado en redes sociais, dando exemplo do trato e a tención que un deportista de elite debe prestar aos afeccionados máis pequenos.
Non custa nada, a verdade. Ás veces é só cuestión de arrimarse á saída do bus para asinar un par de camisetas. Outras nin iso, só fai falta responder coa man e un sorriso ao saúdo dos nenos que che aclaman. Os futbolistas, moitos na súa burbulla, esquecen que anos atrás eran eles os que agardaban alén do valo, esperando a ver aos seus ídolos e lograr a súa rúbrica na camiseta. A maioría das veces pasan de longo e deixan aos nenos e nenas pasar# o ferro e desilusionados.
Os máis pequenos, aos que máis hai que coidar porque son os que fan o fútbol como é e crean afección, son ás veces os grandes esquecidos. Por iso, imaxes como as que deixou esta fin de semana Iago Aspas en San Mamés, engrandecen aínda máis a figura do moañés, internacional con España, un dos máximos artilleiros do fútbol nacional e buque insignia do Celta de Vigo.
Un grupo de mozos esperaban con pancartas ao dianteiro unha vez acabado o encontro. Co estadio practicamente baleiro, Iago achegouse a saudar aos pequenos seareiros que esperaban polo dez. Xa sen a camiseta do Celta, que seguramente intercambiou con algún rival, Aspas desculpouse primeiro por non ter unha elástica alternativa para entregarlle aos raparigos. A cambio, ofreceu o seu pantalón, que un pequeno aceptou con entusiasmo e que deixou ao ariete semidesnudo.
Asinar a peza, con máis traballo do esperado polo case indeletreable nome do pequeno Zuhaitz -“Era difícil o nome, eh?”, comentaba Aspas, divertido-, e inmortalizar o encontro cun par de fotos. Iago comportouse como un grande, como deberían facer todos, polo menos cos afeccionados máis novos, aqueles que presumirán no patio do seu trofeo e que gardarán ese recordo con moito agarimo.
Cabe destacar que Aspas non era o único futbolista poñendo do seu parte, xa que nas imaxes tamén se pode ver a Murillo asinando autógrafos a afeccionados situados encima do banco.
Quen sabe. Talvez un día Zuhaitz ascenda de Lezama ao primeiro equipo do Athletic Club de Bilbao. Se cadra un día é a Zuhaitz ao que lle piden fotos e autógrafos, e entón tome a lección do ‘Principe das bateas’. Grande Iago, exemplo dentro e fóra da cancha.
Escribe o teu comentario