​Antía García Silva supera o seu propio récord galego en 50 libres cun tempo de 26"21

MÁIS DUN RÉCORD: Así o fixo Antía García Silva na disciplina de natación, pois conseguiu baixar o seu propio tempo de 26"37 a 26"21. A caldense posiciounouse ás portas do podio quedando nunha 4º posición que non deixou un mal sabor de boca tras superar a súa propia marca.


|

Con esta marca Antía puido clasificarse na 4ª posición do campionato España Open Astralpool. 


Hoxe ás 17:39 horas emitirase en directo por Teledeporte a súa última intervención no Centro Acuático de Málaga na proba de 50 bolboreta. 


2020112314283955649

Fotografía do C.N. Galaico.


Tres medallas e un récord galego no Campionato de España Open Absoluto e Junior. Así se presentou a cuarta xornada na XXII edición en Torremolinos. Paula Otero colgouse dobre medalla, un ouro e un bronce en 200 bolboreta na Categoría Absoluta Júnior e Categoría Absoluta respectivamente. Tamén Carla Carrón acadou unha terceira posición na Categoría Júnior e, por último, Antía García batía a súa propia marca galega. 


Moitos clubs galegos se desprazaron ata Torremolinos o 9 de abril para competir nas diferentes disciplinas e categorías. Neste evento competitivo, as novas promesas do deporte acuático teñen a oportunidade de conseguir novos títulos, medallas e, incluso, superar marcas.


MÁIS DUN RÉCORD

Así o fixo Antía García Silva na disciplina de natación, pois conseguiu baixar o seu propio tempo de 26"37 a 26"21. A caldense posiciounouse ás portas do podio, quedando nunha 4º posición que non deixou un mal sabor de boca tras superar a súa propia marca. Deste modo, Antía segue mantendo o primeiro posto nos tempos autonómicos e, ademais, non é a única proba na que o seu nome lidera un tempo récord.


A nadadora do club pontevedrés -C.N. Galaico-  tamén mantén o récord galego en 50 bolboreta no Campionato de España de Inverno con  27"93. Na última xornada da competición disputará nesta mesma proba, pechando así a súa intervención no Centro Acuático de Málaga. 


FINALISTAS 

O nadador galego Miguel Martínez, do actual Real Canoe, conseguiu o 2º posto en en 200 bolboreta na categoría absoluta cun tempo de 1:58.81, quedando a 1 centésima de clasificarse para o Campionato de Europa Absoluto.


Ademais, nesta cuarta xornada, Julia Rodríguez - do  Real Club Náutico de Vigo -  quedou na 4ª posición en 200 bolboreta categoría  Junior e, respectivamente, Pablo Cabana - do C.N. Ponteareas - chegou ata un 7º posto. Tamén do club de Ponteareas se atopan Iria Lemos cunha 6ª posición en 50 libre na categoría Junior e Sofía Carballo cunha 8ª posición en 200 estilos, tamén na categoría Junior. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE