"Histórica" sentenza recoñece o dereito a que a Axencia Tributaria atenda en galego

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu o dereito dun cidadán para ser atendido en galego, como así o expresou anticipadamente, e declarou nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán, ordenando retrotraer as actuacións ao momento anterior á vulneración do seu dereito á elección lingüística.

|

O ente estatal desatendeu a mantenta as continuas peticións de Xurxo Martínez para usar a súa lingua nai. Os maxistrados suspenden agora todos os actos do fisco.


Unha empregada traballa nunha oficina da Axencia Tributaria un día antes de que dea comezo o inicio por internet da Campaña da Renda 2021



O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu o dereito dun cidadán para ser atendido en galego, como así o expresou anticipadamente, e declarou nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán, ordenando retrotraer as actuacións ao momento anterior á vulneración do seu dereito á elección lingüística.

A Mesa pola Normalización considera "histórica" a sentenza emitida o 4 de abril polo TSXG e "un éxito xudicial" alcanzado polos servizos xurídicos desta entidade, dirixidos por Elsa Quintas.


MANDA SUSPENDER Os PRAZOS

A xuízo da entidade, supón "un reproche" á Axencia Tributaria por eludir a "vontade inequívoca" do administrado a que se comuniquen con el na lingua galega e por "baleirar" de contido o dereito á elección lingüística que asiste á cidadanía galega.


O tribunal ten en conta a dilixencia despregada polo administrado ao requirirlle á AEAT que lle notifique en galego e ordena a suspensión dos prazos das comunicacións efectuadas en lingua diferente á escollida, mentres o ente tributario non cumpra coa obrigación de notificar en lingua galega.


RAZOAMENTOS DO XUÍZ

Quintas lembra, ademais, que a Axencia Tributaria ignorara en cada un dos procedementos incoados de oficio as reiteradas solicitudes do cidadán de que lle notificasen en galego as comunicacións e considera un "verdadeiro éxito que o TSXG non valide o pretexto do ente tributario de que se trata de procedementos desconectados entre si".

"A administración non pode ampararse nunha división do procedemento para impedir a eficacia do dereito exercitado polo obrigado tributario", sinala a sentenza. Por iso, responsabiliza á administración tributaria de non articular un mecanismo de coordinación entre os diferentes órganos que garanta o dereito á elección lingüística do cidadán, sen necesidade de ter que reiteralo en cada procedemento.

"EXERCER OS DEREITOS ATA As ÚLTIMAS CONSECUENCIAS"
O cidadán afectado, Xurxo Martínez González, director do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, celebrou nas súas redes sociais a resolución da batalla xudicial que mantivo durante catro anos e cualificou a sentenza de "un verdadeiro triunfo para o idioma galego". "Os dereitos deben ser exercidos ata as últimas consecuencias", considerou.

As persoas que o desexen teñen a disposición a Liña do Galego para manifestar as súas queixas ou dúbidas, a través do número 981 563 885, do correo electrónico linhadogalego@amesa.gal ou da app A Liña do Galego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE