Así queda o sorteo do Mundial de Fútbol Qatar 2022: Alemaña todo un coco no grupo de España
España xogará por décimo sexta vez unha Copa do Mundo de fútbol. A máis lembrada foi a do ano 2010 onde se proclamou campioa.
Trofeo que levantará o campión do Mundial de Qatar 2022 | @Fifacom_é
España enfrontarase na fase de grupos do Mundial de Qatar 2022 a Alemaña, Xapón e Costa Rica ou Nova Zelandia. A selección española xa coñece aos seus rivais para a primeira fase do Mundial de Qatar que empezará no mes de novembro. Os que con seguridade enfrontaranse a España na fase de grupos serán Alemaña e Xapón. O outro rival sairá da eliminatoria que aínda queda por xogar entre Costa Rica e Nova Zelandia.
DATAS DOS PARTIDOS DA SELECCIÓN ESPAÑOLA
23 de novembro: España- Costa Rica ou Nova Zelandia
27 de novembro: España-Alemaña
1 de decembro: España-Xapón
Cadro do Mundial de Qatar 2022 | @ep
CADRO DO MUNDIAL DE QATAR 2022:
GRUPO A
QATAR
ECUADOR
SENEGAL
PAÍSES BAIXOS
No grupo A, a clara favorita é a selección neerlandesa. O técnico Louis van Gaal conseguiu un grupo forte e duro de roer con xogadores como Wijnaldum, Frenkie de Jong, Depay, Babel... e mozos novos como Lang, Danjuma, Gravenberch, Dumfries...
GRUPO B
INGLATERRA
IRÁN
ESTADOS UNIDOS
(ESCOCIA, GALES Ou UCRAÍNA)
No grupo B, a favorita debería ser Inglaterra. De feito, o Mundial de Qatar está marcado en vermello pola federación inglesa xa que queren conseguir o título si ou si. Xogadores como Kane, Sterling ou Trippier xa foron semifinalistas na Eurocopa do 2020 e agora quererán facer o mesmo en Qatar pero levándose o título a casa.
Kane, Sterling, Trippier... foron semifinalistas en Rusia 2018 e finalistas da Eurocopa 2020 en Wembley e agora aspiran a dar o golpe definitivo en Qatar. Southgate foi modernizando a un combinado forte fisicamente e que ten calidade en todas as liñas: Mount e Foden son o reflexo dunha nova Inglaterra á alza. O éxito da Premier tamén se nota nos 'Three Lions'.
GRUPO C
ARXENTINA
ARABIA SAUDITA
MÉXICO
POLONIA
No grupo C, Arxentina debería ser a que ocupe a primeira posición. Liderada por Leo Messi e comandada desde o banco por Lionel Scaloni, é unha selección que aspira a todo. Non é un grupo con moito estrella pero o técnico ha conseguir crear un grupo sólido. De feito, o equipo leva 31 partidos consecutivos sen perder, un récord nacional na historia.
GRUPO D
ESPAÑA
(COSTA RICA Ou NOVA ZELANDIA)
ALEMAÑA
XAPÓN
No grupo D, España preséntase como a gran favorita a pesar de ter rivais duros. Tocoulle o coco do sorteo. A selección alemá a pesar de estar en horas baixas, sempre é un rival complicado. E é que España non só deberá poñer os seus ollos na selección xermana senón que a selección nipoa sempre é un equipo que xera problemas aos seus rivais e non o poñerá nada fácil.
GRUPO F
BÉLXICA
CANADÁ
MARROCOS
CROACIA
No grupo F, sen dúbida Bélxica é a clara favotira para pasar como primeira de grupo. O equipo comandado por Robert Martínez é un dos claros candidatos a levantar o título. Aínda así, o técnico catalán enfróntese a varios problemas; Lukaku non está a gusto no Chelsea, as lesións perseguen a Eden Hazard, o mellor momento de Mertens, Witsel, Alderweireld e Vertonghen xa pasou...
GRUPO G
BRASIL
SERBIA
SUÍZA
CAMERÚN
No grupo G, Brasil, como sempre, é unha das favoritas para pasar como primeira de grupo e a gañar o Mundial. A selección brasileira ha completado unha fase de clasificación practicamente perfecta que lle permitiu terminar como líder da Conmebol con 14 vitorias, tres empates, 40 goles a favor e 5 en contra. Aínda así, Tite deberá facer manobras para completar unha defensa de alto nivel.
GRUPO H
PORTUGAL
GHANA
URUGUAI
REPÚBLICA DE COREA
No grupo H, Portugal é favorita para quedar como primeira de grupo. Foi campioa da Eurocopa 2016 e da Nations League 2019. Clasificouse sufrindo ante Turquía e posteriormente ante Macedonia do Norte na repesca. Ten xogadores de moito nivel como Cristiano Ronaldo, Bernardo Silva, Bruno Fernandes, Joao Félix...
Escribe o teu comentario