Quen é o culpable da entrada de Vox ao Goberno de Castela e León? O PSOE segundo o PP, Feijóo segundo a oposición

"Feijóo xa explicou que Mañueco era o que tiña a responsabilidade de formar goberno e quen tomou as decisións. Foi o PSOE o que non quixo en ningún momento que se puidese elixir entre PSOE e Vox", esgrimiu, en declaracións aos medios, antes de participar nunhas xornadas sobre xornalismo parlamentario na Cámara autonómica.

|

Desde o partido socialista, Salvador Illa responsabiliza ao galego de que os neofascistas chegasen ao poder por vez primeira nunha autonomía española. Podemos, pola súa banda, pronúnciase na mesma liña, ascusándoo de "bendicir" o matrimonio coa ultradereita.


Pola súa banda, Feijóo argumenta que a Mañueco non quedaba outra que pactar coa ultradereita para evitar a repetición de eleccións e acusa ao PSOE de pecharse en banda a culquier pacto. Liña argumental que comparte o seu probable sucesor, Alfonso Rueda. 


O vicepresidente primeiro da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, aliñouse coa postura explicitada na pasada xornada polo seu xefe de filas e aspirante a liderar o PP, e remarcou que foi Alfonso Fernández Mañueco, tras "gañar as eleccións" en Castela e León, quen decidiu pactar con Vox.

Tamén na mesma liña que Feijóo, culpou ao PSOE de abocar a Mañueco a subscribir ese pacto como única vía para evitar unha nova convocatoria electoral.

"Feijóo xa explicou que Mañueco era o que tiña a responsabilidade de formar goberno e quen tomou as decisións. Foi o PSOE o que non quixo en ningún momento que se puidese elixir entre PSOE e Vox", esgrimiu, en declaracións aos medios, antes de participar nunhas xornadas sobre xornalismo parlamentario na Cámara autonómica.

En todo caso, reiterou que foi Mañueco quen "tomou unha decisión" e engadiu que "hai que respectala". "Ten todo o dereito a tentar formar Goberno na comunidade na que gañou as eleccións", defendeu.

CRÍTICA DO PP EUROPEO: "FIXO ESA VALORACIÓN, PODE SER INTERPRETABLE"
E sobre a crítica postura do PP europeo, que ve unha capitulación ante a ultradereita neste pacto, Rueda admitiu que os populares de Europa realizaron esa valoración. "Pode ser interpretable", limitouse a engadir.

"O lóxico e o que sentimos é que había un presidente que gañou unhas eleccións e que, para formar goberno, tiña que tomar unha decisión", concluíu.



20220310 648832 GallardoEjemploMO 1 1

O líder de Vox na rexión García-Gallardo defende que a alianza  será "exemplo" para outras CCAA 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE