(VÍDEO) Desde a súa casa! A canastra da xornada asinouna o galego 'Magic' Barreiro ante o Real Madrid
Sobre a bucina, desde o medio campo e con Heurtel en fronte, pero o triplo de Jonathan Barreiro entrou directo ao nº1 da ACB.
Sobre a bucina, desde o medio campo e con Heurtel en fronte, pero o triplo de Jonathan Barreiro entrou directo ao nº1 da ACB.
Menos de catro segundos no luminoso, pero a Jonathan 'Magic' Barreiro bastáronlle para ser elixido como o mellor da xornada pola ACB no que accións individuais refírese. Un triplo do de Cerceda sobre a bucina ante o Real Madrid foi nomeada a mellor canastra da Xornada 22 da liga Endesa.
Cando restaban 3,9s, Barreiro agarrou o rebote tras o fallo de Tabares nos tiros libres, plantouse no medio campo perseguito por Thomas Heurtel e coouna limpa sobre a bucina, desatando o aplauso de todo o pavellón.
Por desgraza, a alegría non foi completa porque o canastón do galego só serviu para maquillar o resultado, xa que os puntos que subiron ao marcador puxeron o definitivo 91-92 para os brancos no seu duelo contra o Unicaja Málaga. Os andaluces responderon nun gran partido, pero o lanzo dos de Ibon Navarro non foi suficinete para superar aos pupilos de Laso.
Barreiro, ademais de por o seu triplo, foi un dos homes do partido ante o seu exequipo: trece puntos cun soberbio tres de tres en triplos e dous rebotes nos 22 minutos que estivo en pista para pechar cun +12 de valoración, só superado no seu equipo por Guerrero e Brizuela neste sentido.
Escribe o teu comentario