Un subtenente da Garda Civil morre en Begonte tras un accidente de tráfico pola noite
O militar J.A.V.P., de 53 anos, traballaba habitualmente na comandacia de Lugo. Faleceu no acto tras saírse o seu vehículo nunha carretara provincial á altura de Begonte.
Accidente viario cun falecido na estrada Rábade-Vilalba /EP
Un garda civil de 53 anos de idade faleceu este luns tras saírse da vía o vehículo particular que conducía, envorcar e chocar contra unha tajea no termo municipal de Begonte (Lugo).
Segundo informaron o 112 Galicia e a Garda Civil de Lugo, este sinistro tivo lugar sobre as 00,45 horas deste luns á altura do quilómetro 6,1 da estrada LU-541 (Rábade-Vilalba), ao seu paso polo termo municipal de Begonte.
EXCARCERLADO POLOS BOMEBROS
O 112 indicou que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Vilalba, que excarceraron á persoa accidentada para que fose atendida polos servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento do condutor.
O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro ás 00,45 horas a través dunha persoa particular, tras o que solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.
A Garda Civil ha concretado que o vehículo se saíu da vía pola marxe dereita, tras o que acabou envorcado e chocou contra unha tajea. Debido a iso, faleceu o condutor e único ocupante do vehículo, un home de 53 anos de idade veciño de Outeiro de Rei (Lugo).
Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado para atender ao condutor accidentado, J.A.V.P., de 53 anos, que faleceu no lugar, confirmaron fontes sanitarias.
Por parte da Garda Civil han indicado que o axente falecido era subtenente e exercía o seu labor no Centro Operativo de Servizos da Comandancia de Lugo.
Escribe o teu comentario