Así soa Kaydy Cain, o trapero ao que repudian os concellos de Santiago e Mos por ser, din, machista

O madrileño Daniel Gómez Castro, a persoa detrás do alter ego musical Kaydy Cain,  defende a súa inocencia, tacha de secuela ao machismo e pide que non xulguen nunha nova canción.



|

Os dous concertos esta semana en Galicia -ten outro na Coruña no verán- seguen adiante por ser en salas de festas privadas a pesar da oposición dos poderes públicos locais.



O madrileño Daniel Gómez Castro, a persoa detrás do alter ego musical Kaydy Cain,  defende a súa inocencia, tacha de secuela ao machismo e pide que non xulguen nunha nova canción.


A plataforma Mulheres Nacionalista Galegas faise eco de "varias acusacións anónimas de violación e abusos" e del di que "as suas letras nom som polémicas som machistas".


Kaydy Cain nunha foto promocional da súa instagram

Kaydy Cain nunha foto promocional da súa instagram 


A concellería de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, así como os grupos municipais do PSdeG, Compostela Aberta e BNG, manifestaron o seu repulsa polo concerto que o cantante de trap, Kaydy Cain, ten previsto ofrecer este xoves nun espazo privado da cidade compostelá, debido a que consideran as súas letras "vejatorias" e "denigrantes" para as mulleres.


O artista ten previsto tocar na Sala Capitol a partir das 8 horas deste xoves. Farao dentro dunha xira internacional que tamén pasará por por Pontevedra, na Sala Queen. En xuño ten agendado unha actuación no Rompetiño Jump Festival da Coruña.


CONTESTACIÓN DO TRAPERO

O cantante defendeuse destas críticas, das que foi obxectivo hai tempo. O mozo reclama que non se lle prexulgue e argumenta que "non hai ningunha denuncia nin hai ningunha persoa física que estea a declarar en ningún lado, é só unha mensaxe anónima que puido escribir calquera persoa desde calquera sitio do mundo e que se está difundindo". Ademais, ha anuciado accións legais contra quen o acusa de abusos sexuais.


"Todo é mentira e o tempo pon a cada un no seu sitio... Paréceme un tema sobre o que mentir fai un fraco favor ás mulleres que loitan a diario contra este tipo de feitos repugnantes", escribe no seu post.


Kaydy Cain tamén publicou recentemente un novo tema, Mentiras e Falacias, onde defende a súa inocencia.


"Estamos en contra de calquera cultura audiovisual e musical, que agride violentamente ás mulleres e á súa dignidade. Somos un Concello que traballa a favor da igualdade, declarado libre de violencias machistas, polo que mostramos a nosa desconformidade coa celebración de calquera tipo de acto sexista no que se faga apoloxía do machismo", declaran desde o Pazo de Raxoi.

É por este motivo que, aseguran, posiciónanse "en contra deste tipo de concertos" e esixen "respecto" para a figura das mulleres "en todo tipo de actos públicos e privados".

POLÉMICA TAMÉN EN MOS
Tamén o municipio de Mos expresou o seu rexeitamento este pasado luns á actuación que o cantante de trap ten prevista ofrecer o vindeiro venres nunha sala de concertos da localidade. Fixérono, todos os grupos municipais, mediante unha declaración institucional.

O cantante xa se viu envolvido en varias polémicas debido ás súas letras e videoclips. Hai apenas unhas semanas mesmo foi acusado, en redes sociais, de abusar sexualmente de varias mulleres; acusacións que el negou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE