Pesar pola morte dunha muller de 59 anos nun sinistro na estrada de Fene a As Pontes​

Unha muller perdeu a vida este martes nun accidente de tráfico --unha saída de vía con envorco posterior-- rexistrado na estrada que une os municipios de Fene e As Pontes (AC-564), na provincia da Coruña.

|

O suceso, rexistrado no vial que conecta os dous municipios, tivo lugar esta mañá, ao redor das 10 horas, no límite entre A Capela e Cabanas. 


As asistencias nada puideron facer por salvarlle a vida a a muller de 59 anos, que responde as iniciais de M.I.P.S.


Control de tráfico da Garda Civil na A-52, no Porriño (Pontevedra).

Guardia Civil de Tráfico | Foto: EP


Unha muller perdeu a vida este martes nun accidente de tráfico --unha saída de vía con envorco posterior-- rexistrado na estrada que une os municipios de Fene e As Pontes (AC-564), na provincia da Coruña.


O suceso produciuse pouco despois das 10,00 horas, á altura do municipio da Capela, aínda que no límite con Cabanas.


Fuentes do 061 concretaron que a vítima mortal é unha muller de 59 anos, que responde as iniciais de M.I.P.S.


O 061 desprazou ao lugar dúas ambulancias --unha de soporte vital básico e outra de soporte avanzado--, e un equipo médico do punto de anteción primaria da Capela, que só puido confirmar o falecemento.


Ata o lugar trasladáronse tamén os bombeiros do Eume e efectivos do GES de Mugardos tiveron que intervir para excarcerar á vítima. E acudiron efectivos da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE