Sentenza narcosubmarino de Aldán: 11 anos de cárcere para os tres tripulantes e 7 para o resto
A Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de ditar sentenza no caso do famoso narcosubmarino. Os tres principais acusados enfrontábanse a 13,5 anos de cárcere. A Xustiza os condena finalmente a 11 anos.
A Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de ditar sentenza no caso do famoso narcosubmarino. Os tres principais acusados enfrontábanse a 13,5 anos de cárcere. A Xustiza os condena finalmente a 11 anos.

O submarino afundido polos narcos en Aldán contaba cun motor diésel de 6 cilindros e capacidade para almacenar 20.000 litros de combustible, o que lle permitía facer travesías longas sen encher.
Ademais, os seus cómplices, que operaban en terra reciben condenas de 7 anos de cárcere. O tres máis castigados enfróntanse ademais a dous multas de 300 millóns de euros. Para os outros tres, as dúas multas son de 300.000 euros.
REDUCIÓN DE PENAS SE SON EXPULSADOS
Dous dos tripulantes eran estranxeiros, de Ecuador. A audiencia ofrécelles a posibilidade de reducir a pena a oito anos se son expulsados tras este tempo de España e prometen non volver nunha década.
Todo o incautado pasa a ser comisado. Incluído o narcosumbarino. Un artefacto naval autopropulsado, sen capacidade para mergullarse completamente e cun dispositivo de escape húmido para evitar a detección térmica a través de radares.
Na operación incautáronse máis de 3.000 quilos de cocaínaen 152 fardos . O submarino foi recuperado afundido á entrada da ría de Aldán, no Morrazo, Pontevedra.
AÍNDA EN PRISIÓN
Tras a súa detención, o xulgado de Cangas que instruíu a causa ordenou o ingreso en prisión provisional de sete persoas. Con todo, co paso dos meses, todos foron quedando en liberdade provisoria, salvo os tres tripulantes, para quen a Audiencia Provincial prorrogou o pasado mes de novembro a medida de prisión. Iso a pesar que no xuízo declaráronse culpables.
Estas son as penas fixadas hoxe, en concepto en concepto de autoesr dun delito contra a
saúde pública, modalidade de tráfico de drogas :
Luís Tomás B.M., ecuatoriano
11 anos de prisión
Dúas multas de 300.000.000 euros
Pedro Roberto D. M., ecuatoriano
11 anos de prisión
Dúas multas de 300.000.000 euros
Agustín A.M., español
condenado a 11 anos de prisión
Dúas multas de 200.000.000 euros
Yago R. R.
Sete anos en prisión
Dúas multas de 200.000.000 euros
Enrique Carlos S.G.
Sete anos de prisión
Dúas multas de 200.000.000 euros
Rodrigo S.M.
Sete anos de prisión
Dúas multas de 200.000.000 euros

Uno dos acusados de esperar a droga do 'narcosubmarino' en terra e coordinar o operativo, Iago S.P., declara no xuízo
Escribe o teu comentario