Detida a misteriosa pirómana de Ortigueira, responsable de queimar numerosos contedores de lixo​

Axentes da Garda Civil do posto de Ortigueira, en colaboración co Equipo Roca da Garda Civil de Ferrol, detiveron a unha veciña de Ortigueira como presunta autor dun delito de danos no mobiliario público.



|

A investigada foi sorprendida incendiando un contedor de plástico e unhas matogueiras dunha leira urbana próxima ao colector.


Nos últimos meses multiplicáronse este tipo de sucesos na localidade que afectaron o mobiliario público. 


Contedor ardendo

Contedores ardendo | Foto: EP


Axentes da Garda Civil do posto de Ortigueira, en colaboración co Equipo Roca da Garda Civil de Ferrol, detiveron a unha veciña de Ortigueira como presunta autora dun delito de danos no mobiliario público.


Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación púxose en marcha por mor da queima de numerosos contedores de lixo nesta localidade nos últimos meses. Así, a Garda Civil activou un dispositivo de prevención para identificar o autor ou autores deses danos.


Froito das pescudas os axentes sorprenderon a unha muller incendiando un contedor de plástico e unhas matogueiras dunha leira urbana próxima ao colector.


Por estes feitos, a muller foi detida como presunta autora dun delito de danos, e as xestións realizadas foron postas ao dispor do xulgado de instrución único de Ortigueira.


INFRACCIÓN CONTRA A LEI DE SEGURIDADE VIARIA

Por outra banda, a Garda Civil tamén informou das dilixencias abertas contra unha muller, veciña de Ferrol, que foi sorprendida circulando en patinete eléctrico baixo os efectos de substancias estupefacientes.


Os feitos ocorreron cando se estaba desenvolvendo un control de en a estrada AC-116, no municipio de Narón. Os axentes observaron a unha muller circulando nun patinete eléctrico e déronlle o alto, xa que ese tipo de vehículos non poden circular por vías non urbanas.


Ao realizarlle a proba de drogas, esta lanzou resultado positivo para varias delas (que logo foron ratificadas en laboratorio), polo que instruíron dilixencias contra esta muller como presunta autora dunha infracción contra a lei de seguridade viaria e o seu patinete foi inmobilizado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE