A louseira de Ourense Cupa pasa a mans da multinacional investidora de Canadá Brookfield

Brookfield Asset Management, Inc. ten base en Toronto, Canadá, pero investimentos en todo o planeta, especialmente en sectores como enerxía, infraestruturas e inmobiliarias.


|

Brookfield Asset Management, Inc. ten base en Toronto, Canadá, pero investimentos en todo o planeta, especialmente en sectores como enerxía, infraestruturas e inmobiliarias.


O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, visita as instalacións de Cupa Group

Arquivo - O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, visita as instalacións de Cupa Group 



A firma de investimento canadense Brookfield adquiriu a louseira galega Cupa Group --con sede en Carballeda de Valdeorras (Ourense)-- a Carlyle por un importe de 900 millóns de euros, segundo confirmaron fontes do sector a Europa Press.


A louseira, fundada en 1892 e presente en nove países, rexistra cuns ingresos anuais superiores aos 400 millóns e realizou varias adquisicións os últimos dous anos, como a de Rinus Roofing Supplies, Proinor ou Lousas Galegas, entre outras.

Ademais, o grupo tamén creceu orgánicamente grazas á diversificación da súa actividade: tamén opera no sector da pedra natural a través de Cupa Stone.


MESMO DIRECTOR

A compañía era propiedade de Carlyle desde 2016, cando realizou o investimento a través do seu fondo Carlyle Europe Partners IV. O importe desa transacción non foi desvelado.

Actualmente, Cupa Group é dirixida por Javier Fernández, que se mantivo no accionariado tras a entrada de Carlyle. Segundo adiantou o 'Diario de León', Fernández seguirá á fronte da compañía.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE