O TSXG confirma a detención dunha segunda persoa polo apuñalamento dun mozo no Orzán

Dúas persoas detidas tras o apuñalamento dun mozo na Coruña pasaron a disposición xudicial, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).



|

A Policía confirmou onte a detención dunha persoa implicada no suceso, ocorrido na noite do venres ao sábado.


Esta mañá confirmouse unha segunda detención en torno ao caso. O mozo apuñalado permanece ingresado grave na UCI. 


Coruu00f1a policia nacional

Foto: @g24


Dúas persoas detidas tras o apuñalamento dun mozo na Coruña pasaron a disposición xudicial, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).


Inicialmente, fontes consultadas por Europa Press, confirmaron a detención na tarde do sábado dun home como presunto autor do apuñalamento do novo, ferido de gravidade e ingresado nun hospital da cidade. Posteriormente, ratificaron a detención de dúas persoas.

O suceso ocorreu nunha zona de copas da Coruña, na madrugada do venres ao sábado. En concreto, ocorreu pasadas as 3,00 da mañá na zona de Orzán e nunha agresión con arma branca.


Por mor do ocorrido, a Policía Nacional puxo en marcha unha investigación para identificar e deter aos presuntos implicados nos feitos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE