Rescatados polo CAAN de Pontevedra sete cachorros abandonados en contedores de Lalín e Pontecesures
Os animais foron rescatados por o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra.
Aínda que un faleceu ao chegar ao centro, outros sete, con apenas horas de vida no caso de Lalín e escasos días no de Pontecesures, están a recuperarse cos coidados do persoal do CAAN.
Cachorros rescatados | Foto: EP
Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nestes primeiros días do ano dúas camadas de oito cachorros --un non sobreviviu-- que foron lanzados a dous contedores nos núcleos urbanos de Lalín e Pontecesures.
Aínda que un faleceu ao chegar ao centro, outros sete, con apenas horas de vida no caso de Lalín e escasos días no de Pontecesures, están a recuperarse cos coidados do persoal do CAAN.
A primeira das camadas apareceu nunha caixa dentro dun contedor en Lalín o 1 de xaneiro na rúa Principal. Eran dúas femias --Alicia e Ana-- e dous machos --Leo e León--, que faleceu polo seu delicado estado de saúde.
O día 12 de xaneiro, persoal do CAAN rescatou outra camada, cunha femia --Salga-- e tres machos --Yogui, Cibrán e Xenaro--, tamén dun contedor da rúa Víctor García de Pontecesures.
O aviso deuno unha muller que viu como paraba un coche preto do lugar e, tras escoitar un ruído, achegouse ao contedor e viu aos cans, que tamén estaban nunha caixa.
Neste caso, os cachorros, que teñen días, están de momento en boas condicións e están atendidos nas mesmas dependencias de maternidade, renovadas en 2020.
EVOLUCIÓN E ADOPCIÓN FUTURA
De seguir a evolución favorable, os cachorros pasarán no centro polo menos tres meses ata completar as pautas de vacinación, antes de saír en adopción.
Cabe lembrar que as adopcións no CAAN son gratuítas e a persoal asesora ás persoas sobre o can que pode adaptarse mellor á súa situación. Para acudir ao CAAN, hai que pedir cita previa nos números de teléfono 986 140 360 e 886 217 391.
Escribe o teu comentario