Conmoción en Vigo: achado morto un matrimonio de sexagenarios, o home cunha puñalada nas costas​

Un matrimonio conformado por un home e unha muller de entre 60 e 65 anos de idade foi atopado este venres morto na súa vivenda de Vigo. Abriuse unha investigación por este caso, que se trata como un crime ao haber signos de violencia.



|

A filla dos falecidos alertou ás autoridades, que atoparon os corpos na vivenda da parella, de que non sabía nada deles desde facía varios días.


Unha vez no lugar, os axentes localizaron os dous corpos: o da muller non presentaba signos de violencia; o do home unha ferida de arma branca nas costas.


FJGJbdiXMAAjNF

Os corpos foron atopados na vivenda do matrimonio | Foto: @G24


Un matrimonio conformado por un home e unha muller de entre 60 e 65 anos de idade foi 

atopado este venres morto na súa vivenda de Vigo. Abriuse unha investigación por este caso, que se trata como un crime ao haber signos de violencia.


Fuentes da investigación confirmaron a Europa Press que o home presenta unha ferida de arma branca nas costas. En cando á muller, non hai signos de violencia na primeira inspección realizada, pero falta por aclarar as causas da morte.

A filla do matrimonio deu o aviso á Policía debido a que facía varios días que tentaba localizalos. Acudiu ao piso de Vigo, situado na rúa Álvaro Cunqueiro, no centro da cidade, acompañada de axentes policiais sobre as 19,00 horas da tarde deste venres.


A comitiva xudicial levantou os corpos das vítimas pasadas as 21,00 horas da noite deste venres. Unha das claves para a investigación será a práctica do exame forense.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE