Covid por concellos: grandes descensos nas áreas da Coruña e Santiago; a área de Ourense relánzase

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que as áreas sanitarias coruñesa e santiaguesa recollen hoxe un bo número de municipios que ofrecen grandes descensos. Máis aló das cidades principais, atopamos ás súas veciñas Ames ou Narón, así como Boiro, Ribeira ou Noia.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que as áreas sanitarias coruñesa e santiaguesa recollen hoxe un bo número de municipios que ofrecen grandes descensos. Máis aló das cidades principais, atopamos ás súas veciñas Ames ou Narón, así como Boiro, Ribeira ou Noia.


En cambio, a área de Ourense volve ofrecer moi malas cifras, especialmente a súa cidade, pero tamén municipios como Xinzo de Limia ou Verín. Vigo cidade tamén sobe moito esta xornada. 


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 

Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e  canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos,  onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,27; o que quere dicir que na última semana houbo un 27% máis de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis verde, máis pronunciado é a melloría semanal. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que Lugo é a urbe que máis está a empeorar, cunha razón de taxas de 1,22.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos nin soben nin baixan desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe a Oroso, Vila de Cruces ou Monforte de Lemos. 



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Vigo +55
  • Ourense +47
  • Verín +39
  • Xinzo de Limia +28
  • Vilagarcía de Arousa +16
  • Sanxenxo +15
  • Vilamaior +12
  • Burela +12
  • Allariz +11
  • Cartelle +11
  • Celanova +10






Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Santiago de Compostela -174
  • A Coruña -91
  • Boiro -82
  • Pontevedra -72
  • Ames -71
  • Ribeira -49
  • Narón -42
  • Noia -42
  • A Pobra do Caramiñal -36
  • Lugo -33
  • Oleiros -24
  • Laracha -22
  • Muros -22
  • Brión -20
  • Culleredo -19
  • Marín -19
  • Cambre -18
  • Ordes -17
  • Monforte de Lemos -17
  • Ferrol -16
  • A Estrada -16
  • Teo -15
  • Vilanova de Arousa -15
  • Cangas -14
  • Porto do Son -13
  • Rianxo -13
  • Amoeiro -13
  • Bande -13
  • Viveiro -11
  • Cambados -11
  • Rois -10
  • Sada -10
  • Moaña -10
  • Silleda -10



TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos seguen en aumento con 59.691, que supoñen 3.235 máis o día anterior, ao haber de novo máis contagios, 4.869, que altas, 1.620, aos que se suman 14 falecementos notificados na xornada do mércores.

Os casos activos incrementan en todas as áreas sanitarias: na Coruña e Cee, 662 máis; na de Ferrol, 154 máis; na de Lugo, 422; na de Ourense, 615 máis; na de Pontevedra, 311 máis; na de Santiago, 523 máis e na de Vigo, 552 máis.

Os casos activos sitúanse en 11.035 na da Coruña; en 3.801 na de Ferrol; 5.971 na de Lugo; 7.164 na de Ourense, 7.354 na de Pontevedra; 11.090 na de Santiago e en Vigo, a que máis rexistra, en 13.276.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado mércores 5 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días sobe en Galicia a 2.308,24 por 100.000 habitantes.

Desde o inicio da pandemia, Galicia rexistra 270.368 contaxiados, deles 58.126 na área da Coruña e Cee; 16.536 na de Ferrol; 27.983 na de Lugo; 34.544 na de Ourense; 32.488 na de Pontevedra; 40.800 na de Santiago e 59.891 na de Vigo.Mentres, o número de probas PCR realizadas elévase a 3.381.707 e as de antígenos a 1.194.773.

Na xornada do mércores, as autoridades sanitarias han comunicado a morte doutras 14 persoas diagnosticadas con covid-19 co que Galicia acumula xa un total de 2.800 mortes asociadas á pandemia.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do mércores, o número total de contaxiados elévase a 270.368, 4.869 máis que os da xornada anterior, mentres que a de curados sitúase en 207.921, ao haber 1.620 altas.

A taxa de positividade sobe tamén ata situarse no 24,1%. As persoas ingresadas en UCI descenden en tres, cun total de 53, mentres que os hospitalizados aumentan ata situarse en 325, 27 máis. O número de pacientes a seguimento no seu domicilio sitúase en 59.313 pacientes.

Por áreas sanitarias, son 79 os pacientes ingresados na área sanitaria da Coruña e Cee, 11 en UCI --sen cambios-- e 68 noutras unidades -- sete máis--. A de Ferrol ten 18 ingresados, un en coidados intensivos --dous menos-- e 17 noutras unidades, tres máis.

Pola súa banda, na de Ourense son 65 os ingresados, 58 noutras unidades --nove máis-- e sete en UCI --sen cambios; mentres que na área de Vigo son 81 os hospitalizados, 14 en críticos -un menos-- e 67 noutras unidades -- catro menos--. Na de Pontevedra e O Salnés, son 50, deles sete en UCI -- dúas menos-- e 43 noutras unidades, dúas máis.

As áreas de Santiago e Barbanza e Lugo están, respectivamente, con 56 --12 máis-- e 29 ingresados, once máis. No primeiro caso, son sete en UCI --dúas máis-- e 49 noutras unidades, mintas que na de Lugo son seis en coidados intensivos --sen cambios-- e 23 noutras unidades. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE