Opositores e funcionarios protestarán en Santiago contra a lei que fai fixos a algúns interinos sen oposición

Ante esta "inxustiza" piden o apoio de todas as persoas na mesma situación que queiran sumarse a unha protesta que se organizará ese día en numerosos lugares de España.


|

A mobilización realizarase ás 12:00 do día 15 de xaneiro en Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro e será organizada pola Plataforma de Defensa da Quenda Libre.


Unha pasada protesta contra a lei sobre os interinos nunha foto da plataforma #Defensaturnolibre

Unha pasada protesta contra a lei sobre os interinos nunha foto da plataforma #Defensaturnolibre 


O colectivo defínese como un grupo de funcionarios de carreira e opositores  críticos con  o Real Decreto 1 /2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da ocupación temporal no emprego público.


ARGUMENTOS

Entenden que a norma viola o principio constitucional de igualdade no acceso ao emprego público,  ao ceder "prazas fixas" aos profesionais que os ocupan, sen superar unha oposición. Considéranse prexudicados porque "levamos anos de estudo, esforzo, sacrificio e diñeiro".


Ante esta "inxustiza" piden o apoio de todas as persoas na mesma situación que queiran sumarse a unha protesta que se organizará ese día en numerosos lugares de España.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE