O Museo do Coiro de Allariz sofre fortes desfeitas debido a un incendio sen danos persoais (vídeo)

Un incendio orixinado ao redor das 7.30 horas deste martes causou danos estruturais no Museo do Coiro de Allariz.

|

Un incendio orixinado ao redor das 7.30 horas deste martes causou danos estruturais no Museo do Coiro de Allariz.

Varias chamadas de veciños da vila ao 112 informaron da presenza de chamas no museo situado á beira do río Arnoia, ao seu paso por Allariz.

Desde o Servizo de Emerxencias de Galicia deron a alerta e mobilizáronse ata o lugar do suceso a efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Policía Local de Allariz, así como aos bombeiros de Xinzo de Limia, como se pode ver neste vídeo de Alejandro Pellón.




A motobomba de Protección Civil foi a primeira en poñerse a disposición para sufocar o incendio que xa quedou controlado e no que non houbo que lamentar danos persoais.

As chamas afectaron o tellado da infraestrutura e a un almacén do restaurante que forma parte do museo, nesa zona atópanse as cámaras frigoríficas polo que unha das hipóteses apunta a un problema eléctrico.

Con todo, as forzas de seguridade traballan para pescudar que causou a orixe do lume que provocou a caída de gran parte do tellado.

AFECTADA DOUS CARROS
En canto á parte musealizada do edificio só viuse afectado un dos carros expostos aínda que se apontoará a estrutura para evitar derrubes e acordoouse a entrada principal para valorar ao completo os danos.

O museo cumpriu 25 anos no ano 2020 e nel consérvanse as ferramentas que se utilizaban para cortar o coiro, como distintos coitelos, mesas, mazos ou tenazas entre outros utensilio.


Incendio no Museo do Coiro de Allariz nun vu00eddeo de Alejandro Pellu00f3n

Incendio no Museo do Coiro de Allariz nun vídeo de Alejandro Pellón 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE