A explosión de casos en Vilalba obriga á alcaldesa para solicitar formalmente ao SERGAS un cribado no municipio
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, solicitou "formal e oficialmente" á Consellería de Sanidade que faga un cribado no municipio, ao dispararse os positivos por covid-19 con case medio centenar de casos.
Vilalba vive, como moitas localidades, unha escalada de contagios sen precedentes, polo que as autoridades tratan de acoutar a subida.
"Imos dar todas as facilidades posibles. Existe a infraestrutura e agora o que estamos a esperar é que se produza a resposta de Sanidade", incide a rexedora.
Elba Veleiro con Feijóo | Foto: Xunta.gal
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, solicitou "formal e oficialmente" á Consellería de Sanidade que faga un cribado no municipio, ao dispararse os positivos por covid-19 con case medio centenar de casos.
Veleiro destaca que se produciu un "incremento de contagios de forma explosiva", polo que pide un cribado "con calquera dos sistemas que hai hoxe en día".
É máis, a rexedora aposta por que as probas se realicen en Vilalba, "sen que teñan que desprazarse os veciños ata a delegación de Sanidade" na cidade de Lugo.
Así, Veleiro aproveita para "ofrecer desde o concello medios humanos e medios de localización ao servizo da Consellería". "Imos dar todas as facilidades posible. Existe a infraestrutura e agora o que estamos a esperar é que se produza a resposta de Sanidade", promete.
A alcaldesa advirte que "o que se trata é detectar aqueles casos asintomáticos que poidan ser positivos, para incidir na necesidade de que queden confinados e frear así a cadea de transmisión" no municipio de Vilalba.
Escribe o teu comentario