Dous homes detidos en Vigo por presunta agresión sexual a unha muller na rúa Torrecedeira

A muller coñeceu aos acusados nun local de madrugada e fóronse a un piso onde, supostamente, agredírona sexualmente.



|

A muller coñeceu aos acusados nun local de madrugada e fóronse a un piso onde, supostamente, agredírona sexualmente.


Comisaría de Vigo da Policía Nacional en foto de Google Street View

Comisaría de Vigo da Policía Nacional en foto de Google Street View



Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores da agresión sexual a unha moza nun piso da rúa Torrecedeira.


VERSIÓN DA POLICÍA

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado 8 de decembro. Os sospeitosos coñeceron á víctima en un local do centro de Vigo e acordaron con ela irse a un piso da rúa Torrecedeira, onde se produciu a agresión sexual.

A investigación foi desenvolta pola UFAM da Comisaría de Vigo-Redondela e, tras as xestións realizadas e grazas á declaración da vítima e doutras testemuñas, púidose identificar e deter aos dous homes supostamente autores da agresión.

No momento en que se tivo coñecemento dos feitos, a Policía Nacional de Vigo activou o protocolo de atención a vítimas de agresións sexuais, e xestionou o traslado da moza a un centro médico da cidade.

Os detidos foron postos a disposición xudicial en Vigo despois de tomárselles declaración en dependencias policiais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE