María Cureses e Raúl Santos premiados co Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña

Raúl Santos Ageitos, coa novela 'Cornucopia', e María Cureses de la Vega, con 'Nin luz nin pranto', son os gañadores da XXXIII edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña.

|

María Cureses, coa obra 'Nin luz ni llanto', consegue o premio de narrativa en castelán. Raúl Santos, coa novela  'Cornucopia', gaña o premio de narrativa en lingua galega.


Lucía Taboada, Domingo Villar, , Doures Tembrás, Ignacio Martínez de Pisón, escritor e a gañadora de 2020 Clara Escajedo foron o xurado.


María Cureses

Raúl Santos Ageitos, coa novela 'Cornucopia', e María Cureses de la Vega, con 'Ni  luz ni llanto', son os gañadores da XXXIII edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña.

O fallo do xurado foi feito público este venres polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, acompañado polos comisarios Susana Pedreira e Ramón Rozas.

Xurxo Couto destacou que se trata dun dos premios "máis veteranos" que convoca esta institución e un dos "máis prestigiados do panorama literario galego".

Da obra de Raúl Santos, o xurado destacou que se trata dunha "paradia moi ben construída e cargada de ironía, sobre o papel do escritor e a literatura". No caso de María Cureses, subliña "a riqueza expresiva da novela e a técnica narrativa coa que achega o tema da violencia contra a muller en Ciudad Juárez".

OUTRAS ACTUACIÓNS
Noutra orde de cousas, o organismo provincial ha anunciado un investimento de 200.000 euros para a promoción da mostra de encaixe de Camariñas e a de 'cheiraría' de Buño.

Noutra das iniciativas impulsadas polo organismo provincial, a teleasistencia, cifrou nesta xornada en 2.903 as persoas que fan uso do mesmo, a maioría maiores que residen sós.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE