Ao Celta fáltanlle xogadores e camas na enfermería, na que permanece Aspas sen diagnóstico
Aspas no momento da súa lesión | Foto: RC Celta A un persoal xa corta de seu, súmaselle agora unha praga de lesións que non fai máis empeorar a delicada situación do Celta de Vigo, que non vive a mellor das súas tempadas.
O dianteiro é o último en ingresar na xa de seu longa lista de lesionados que arrastra o conxunto celeste.
Aspas no momento da súa lesión | Foto: RC Celta
A un persoal xa corta de seu, súmaselle agora unha praga de lesións que non fai máis empeorar a delicada situación do Celta de Vigo, que non vive a mellor das súas tempadas. A escuadra viguesa, que marcha en décimo cuarta posición, só catro puntos por encima do descenso, ten a algúns dos seus mellores homes entre algodóns. Preocupa especialmente o parte médico do seu ídolo e referente, IagoAspas, que permanece á espera de novas probas.
O de Moaña lesionouse xusto no gol que adiantou aos de Coudet ante o Valencia. Sabedor de que algo lle pasaba, o dez celeste tirouse ao chan e tivo que ser substituído, non sen antes sacarse a camiseta e conseguir así a quinta amarela que lle fai cumprir ciclo e pola que se perderá, seguro, o partido contra o Mallorca.
En Vigo cruzan os dedos para que SonMoix sexa o único campo no que non xogue Aspas. Aínda se descoñece o alcance da súa lesión, pero de tratarse dunha rotura fibrilar na súa aductor dereito podería estar fóra dos terreos de xogo o que resta de ano. Os que xa teñen un diagnóstico máis preciso son Hugo Mallo, afectado dunha lumbalxia, e Augusto Solari, cunha rotura fibrilar. Tamén Galhardo está fóra de combate nun equipo curto de efectivos para as súas próximas citas.
Escribe o teu comentario