Alerta máxima da incidencia semanal de covid en Galicia a próxima semana de seguir este ritmo



Os 947 novos positivos por PCR comunicados hoxe é o quinto máximo desta onda no últimos seis días. Galicia está a perder o control das cadeas de transmisión nunha época moi perigosa, no Ponte da constitución e prolegómenoes/prolegómenos de Nadal.


|



Os 947 novos positivos por PCR comunicados hoxe é o quinto máximo desta onda no últimos seis días. Galicia está a perder o control das cadeas de transmisión nunha época moi perigosa, no Ponte da constitución e prolegómenoes/prolegómenos de Nadal.


Non é un problema só de contagios leves que teñen que illarse e pouco máis. A presión nos hospitais crece de maneira significativa. Por exemplo, tras o +19 de hoxe a cantidade de hospitalizados en planta aumentou en case 100 nesta semana.


Un motor dos contagios están a ser as escolas e lugares de socialización dos nenos. Son eles e os seus pais e nais os que soportan incidencia acumuladas maiores e de subida máis veloz.




 

incidencia acumulada semanal  sobe de  172 a  180 positivos por cada 100.000 galegos . De acordo a o novo semáforo covid aprobado onte polo Ministerio, este índice está en nivel de risco alto. Agora ben, con saltos como o de hoxe chegaremos a 250 en seis días. É dicir, chegaremos á semana previa ao Nadal en risco moi alto, algo que pode resultar moi perigoso para a estabilidade do sistema sanitario.





incidencia acumulada a 14 días tamén crece unha barbaridade. Son 20 puntos máis que onte ata 274.  Continuamos en risco medio, pero dous días máis con avances de tal calibre e subiremos tamén a risco alto de acordo os criterios do semáforo de alertas covid vixente.


O dobre da incidencia a 7 días ( 360 ) é moito maior que a incidencia a 14 días ( 274).Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,33 , por tanto na última semana houbo un  33 % de positivos más que na penúltima. Sendo como é un valor moi alto, tamén é o menor desde o 8 de decembro. Isto reflicte a desaceleración do crecemento da onda. A onda segue crecendo, pero a un ritmo máis lento que hai unhas semanas. O problema é que esa freada está a ser lentísima, aínda máis amodo que en previas ondas.


A taxa de positividade onte foi de o  5,3% . A media semanal  estárisco baixo para este indicador. O SERGAS logrou conter a subida deste índice grazas a un enorme esforzo na realización de PCR, máis de 16.000 durante tres días seguidos, algo xamais visto.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 8,5%. Isto axuda a que a media semanal complete outro paso na boa dirección. Desgraciadamente, é un paso practicamente irrelevante, cae de 8,1% a 8%.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de , o peor desta sexta onda  e o peor desde o 25 de xullo. O total é de  casos activos é de  8.204 . 


DATOS POR ÁREAS

Os datos de Vigo hoxe son arrepiantes.  360 diagnósticos en Vigo un só día. A veciña Pontevedra tamén ten uns datos moi malos en función do seu tamaño, 104 positivos.  Ourense (194)  segue sendo incapaz de acougar unha onda que alí leva máis dun mes desbocada.


As cifras de hospitalizados e críticos nalgunhas áreas empezan a ser francamente preocupantes. 57 pacientes en planta e 7 críticos en Ourense non é ningunha broma para o CHOU, especialmente teniendo en cuenta o que se lle pode vir encima tras o nadal.




Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia segue expandíndose moi velozmente por Galicia. Non hai ningún indicio de que algún pico estea próximo. 
  • A hipótese da Xunta, alcanzar un pico antes da nadal, aínda é posible, pero antóllase difícil sen restricións rápidas e de moito máis calado que as existentes. Imos camiño de ter a incidencia semanl en risco moi alto, o nivel que supón a alerta máxima, en
  • Son necesarias limitacións? Á fin e ao cabo, no verán Galicia contabilizou máis de 18.000 casos activos e o sistema aguantou, máis aló dos aprietos en críticos que pasaron algunhas UCIs máis pequenas, como a de Ferrol.
  • Este parece ser o cálculo da Xunta para non asumir o custo político de reimponer restricións serias. Se o SERGAS aguntó antes, aguantará agora. O risco  é antes todas as ondas freáronse con restricións máis ou menos severas, pero significativas, non como as que hai agora.
  • De non haber un pico pronto, nada nos librará de volumes de hospitalizados similares aos da quinta onda, cando rozamos os 300.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE