O brote na Residencia Coral Seoane de Ferrol pasa de dúas a 25 contaxiados en só unha semana

A última actualización do SERGAS sobre a situación nas residencias de maiores e de discapacitados en Galicia -boletín que a Xunta ofrece cada mércores, e non a diario como facía o ano pasado-, rexistra un importante cambio no centro ferrolán, que pasa de dous casos activos a 25 en sete días.



|

A última actualización do SERGAS sobre a situación nas residencias de maiores e de discapacitados en Galicia -boletín que a Xunta ofrece cada mércores, e non a diario como facía o ano pasado-, rexistra un importante cambio no centro ferrolán, que pasa de dous casos activos a 25 en sete días.


A semana pasada notificaron os primeiros contagios, eclipsados nese momento polo brote nun centro de día de Ferrol-Esteiro, que entón contaba con 21 casos e que obrigou a pechar as instalacións. 


Residencia Coral Seoane de Ferrol nunha imaxe do Rexistro Único da Xunta

Residencia Coral Seoane de Ferrol nunha imaxe do Rexistro de Entidades de Servizos Sociais da Xunta 


As últimas cifras evidencian que, a pesar de que a Xunta tiña coñecemento dos primeiros casos hai unha semana, non foron capaces de perimetrar o brote, que hoxe parece descontrolado con 25 casos positivos. Xa o pasado xoves, só un día despois da nota da Xunta, a cifra de afectados alcanzou os 15 casos. Con estes algarismos, trátase da residencia máis afectada da comunidade nestes momentos, seguida da vivenda comunitaria 'A túa outra casa' de Sarreaus, cos mesmos nove casos que notificou a semana pasada. 


Os datos de Ferrol son nestes momentos dos peores da comunidade, especialmente entre as sete cidades. O seu razón de taxas atópase en 1,29, o que significa que na última semana rexistrou un aumento do 29%. A cidade departamental atópase no nivel de risco extremo, como Vigo, cunha razón de taxas de entre 125 e 250 casos por cada 100.000 habitantes. 


Con todo, hoxe as súas cifras ofrecen un lixeiro alivio, cunha variación de dous casos activos menos. A sete días son 86 os casos activos de Ferrol -o pasdo mércores eran 47-; 133 no panorama a dúas semanas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE