Covid por concellos: A Coruña e Santiago aguantan en risco medio, pero a súa escalada comeza a ser pronunciada

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a cidade herculina e a capital galega son as dúas únicas urbes que resisten no nivel de risco medio, mentres que Pontevedra está no alto, Ferrol, Lugo e Vigo en extremo e Ourense en máximo, cunha incidencia moi por encima do resto.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a cidade herculina e a capital galega son as dúas únicas urbes que resisten no nivel de risco medio, mentres que Pontevedra está no alto, Ferrol, Lugo e Vigo en extremo e Ourense en máximo, cunha incidencia moi por encima do resto. 


Nestes momentos hai máis dunha vintena de municipios -a maioría na área de Ourense- no peor dos niveis posible. Tamén cabe destacar que aínda que hai case unha semana que Sanidade estableceu un novo semáforo de incidencia a sete días, a Xunta aínda non adaptou os seus datos a estes novos niveis. 


San Cristovo de Cea, Raririz de Veiga, A Peroxa, Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas pasan de reportar 0 casos a ter "entre 1 e 9" segundo os datos da Xunta. San Amaro, Beade, Pedrafita do Cebreiro, Ponteceso e Mesia fan o camiño contrario: están con 0 casos activos.


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,34;o que quere dicir que na última semana houbo un 34% máis de positivos que na penúltima. 


Razón de taxas nas sete cidades galegas:



  • Ferrol 1,38
  • Vigo 1,26
  • Ourense 1,25
  • Santiago de Compostela 1,24
  • Lugo 1,23
  • Pontevedra 1,19
  • A Coruña 1,13



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana  sobe hoxe  cinco casos ou máis respecto a ese total onte: 


  • Ourense +18
  • A Coruña +14
  • Santiago de Compostela +12
  • Vilagarcía de Arousa +11
  • Allariz +9
  • Barbadás +9
  • Oza-Cesuras +7
  • Vigo +6
  • Poio +5
  • Tui +5
  • Lugo +3 


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana  baixa hoxe respecto a ese total onte: 


  • Noia -7
  • Nigrán -4
  • Salceda de Caselas -4
  • Ferrol -2
  • Culleredo -2
  • Ribadavia -2
  • Forcarei -2
  • Mos -2
  • Arteixo -1
  • Oleiros -1
  • Salvaterra do Miño -1


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos superan os 5.000 no conxunto de Galicia a piques de concluír o mes de novembro ao situarse nos 5.056, que supoñen 277 máis que a xornada anterior, ao haber máis contagios (415) que altas (137), ao que se engade un falecemento. O luns anterior --día 22-- había 2.696 infeccións activas na Comunidade galega.

De feito, as infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+88), seguida pola de Vigo (+47), A Coruña e Cee (+41), Pontevedra e O Salnés (+36), Lugo (+27), Santiago e Barbanza (+24) e Ferrol (+14).

Por tanto, con máis casos mantense a de Vigo, con 1.372; seguida da de Ourense, con 1.351; A Coruña e Cee, con 715; Lugo, con 475; Santiago e Barbanza, con 426; Pontevedra e O Salnés, con 456; e á cola segue a de Ferrol, con 261.


Segundo os últimos datos actualizados na tarde deste pasado venres polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 148,12 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 171,68.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Galicia alcanza os 5.056 casos activos de Covid-19 no inicio desta semana, que supoñen 277 máis que a xornada anterior, tras detectarse 415 novos contagios --99 menos que o día pasado--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 140 --26 máis--. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa lixeiramente a un 6,33 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, increméntanse a 26 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --cinco máis-- e a 114 as hospitalizadas noutras unidades --21 máis--, mentres que 4.916 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en cinco das sete, mentres que se mantén sen cambios na de Lugo, cun paciente Covid en UCI e tres noutras unidades; e na de Ferrol, que segue con dúas en críticos e 10 en planta.

No caso da Ourense aumentan a cinco os pacientes Covid en UCI --dúas máis-- e a 37 os ingresados noutras unidades --dez máis--; mentres que na de Vigo soben a sete o críticos --un máis-- e a 26 os hospitalizados noutras unidades --seis máis--.

Na área da Coruña e Cee aumentan a cinco os pacientes Covid en UCI --uno máis-- e a 18 os ingresados noutras unidades --dúas máis--; e na de Santiago e Barbanza seguen catro en críticos e increméntanse a sete os hospitalizados noutras unidades --dúas máis--.

Polo seu lado, na de Pontevedra e O Salnés soben a dúas os pacientes ingresados pola Covid-19 en UCI e increméntanse a 13 os hospitalizados noutras unidades --uno máis--. 

ClElv incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (8)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE