Telefónica deixará sen internet a veciños de Folgoso do Courel, onde nalgunhas zonas non hai nin cobertura​

A alcaldesa de Folgoso do Courel (Lugo), Lola Castro, demandou a Telefónica que "non corten" a liña da internet a moitos veciños do concello que recibiron unha carta na que se lles empraza a que se "enganchen" a outras tecnoloxías de Movistar ou se lles cortará pola "vía de cobre".



|

Mentres a rexedora, Lola Castro, denuncia que nalgunhas zonas apenas hai cobertura, Telefónica ameaza con deixar a moitos veciños sen internet.


Aparentemente, a decisión da compañía está relacionada "coa primeira fase do Plan de Telecomunicacións do Estado para poñer fibra óptica".


Lola castro folgoso courel

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a alcaldesa do Courel, Lola Castro | Foto: Xunta.gal


A alcaldesa de Folgoso do Courel (Lugo), Lola Castro, demandou a Telefónica que "non corten" a liña da internet a moitos veciños do concello que recibiron unha carta na que se lles empraza a que se "enganchen" a outras tecnoloxías de Movistar ou se lles cortará pola "vía de cobre".

En declaracións aos medios este luns, Castro sinalou que isto ten que ver "coa primeira fase do Plan de Telecomunicacións do Estado para poñer fibra óptica", que afecta a Seoane e a Folgoso do Courel.

Agora, a compañía remitiu unha carta en que anuncia que "o 26 cortaranlles Internet, e para iso téñense que enganchar a través de fibra óptica, ondas de radio ou por satélite".

Precisamente, a alcaldesa incidiu en que "aquí non hai boa cobertura de satélite en moitos puntos, por moito que Telefónica empéñese en dicir que si". 


"No concello encargouse un estudo de sitios onde falta cobertura e Telefónica di que si, que hai unha raia ou dúas, pero iso non é suficiente para ter Internet ou teléfono", manifestou.

Nestes momentos, subliñou Lola Castro, "están a poñerlles un aparello no teléfono aos veciños que non poden engancharse e seguen tendo interferencias".

A iso súmase, continúa, que en Seoane ou en Folgoso "quedan veciños aos que non lles chega a fibra e doutra banda está Santa Eufemia ou Esperante que é onde está o cámping e por aí pasa a fibra óptica pero como non a soliciten non lla poñen e cortaranlles Internet".

"O caso é que non funciona ben nin o satélite, nin ondas de radio, nin nada diso", resumiu a rexedora de Folgoso do Courel.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE