Campaña de ​‘Pediatras e matronas Xa’ no Día do Neno para defender o dereito á saúde dos máis pequenos

Este 20 de novembro, con motivo do Día Universal do Neno declarado pola ONU, a plataforma promove unha campaña que demanda a contratación de máis pediatras e matronas na Atención Primaria.


|

Este 20 de novembro, con motivo do Día Universal do Neno declarado pola ONU, a plataforma promove unha campaña que demanda a contratación de máis pediatras e matronas na Atención Primaria.


A pasada semana a organización participou na manifestación en defensa da sanidade pública celebrada en Santiago de Compostela 


Bebe pediatra


A plataforma demanda máis pediatras e matronas | Foto: EP


Con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, a plataforma ‘Pediatras e matronas Xa’ iniciaron unha campaña que defende xusto os piares que conmemora esta data, como son o dereito para crecer en liberdade, á igualdade de oportunidades ou, como non pode ser doutra forma, á saúde. Xusto é neste apartado onde poñen máis énfase na organización, especialmente tras os momentos máis crus da pandemia e agora que parece coller voo a sexta onda do coronavirus en todo o país.


“Os tempos que nos tocan vivir activan en nós diversas reconsideracións como sociedade, mostran a nosa vulnerabilidade humana e as carencias colectivas. Queremos facer especial mención neste 20 de novembro á resiliencia das nenas e nenos neste contexto global; as criaturas son exemplo de versatilidade e capacidade de adaptación. Móstrannos que cada día é unha oportunidade, que nos necesitamos uns aos outros e que a ilusión pode estar nas pequenas cousas”, comentan desde a organización.


Por este motivo, neste 20-N desde a plataforma alzan a voz para “coller aire xuntos e seguir esixindo un dos dereitos máis básicos de calquera infante: o dereito á saúde, a ser atendido e acompañado con calidade e garantías”.


O déficit de pediatras e matronas que presenta a sanidade pública en Galicia na Atención Primaria é o principal campo de batalla do colectivo, que demanda “figuras de referencia, estables, que coñezan ás criaturas e acompáñenas na súa evolución” entre os pediatras e matronas que poidan asumir os coidados que requiren as embarazadas e as mulleres que acaban de dar a luz “durante as primeiras semanas postparto”, xa que estes profesionais “ofrecen as orientacións necesarias para atender ás necesidades” de nais e recentemente nados.


Desta maneira, neste día lanzan unha campaña en redes sociais baixo o hasthag #PediatrasEMatronasXa na que animan a subir unha foto en branco e negro, cos brazos en cruz e un globo “que nos impulse para coller aire e continuar xuntos defendendo os nosos dereitos básicos”. 


WhatsApp Image 2021 11 18 at 15.20.29 (1)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE