Pederastia no Concello de Ourense? Dorrío, asesor de Jácome, presenta denuncia ante a Policía

Xosé Antón Dorrío, o asesor do alcalde de Ourense que este sábado acusou a través das súas redes sociais a traballadores do Concello de ter 'caprichitos pederastas' formalizou a súa denuncia ante a Policía.

|

O alcalde e o seu equipo enrédanse noutra bizarra polémica á vez que a cidade continúa sendo o epicentro da sexta onda de covid en Galicia.


Dorrío lanzou unha acusación ao voo nas redes sociais, borrouna, pedíronlle que dimitise se non a formalizaba, o alcade apoiou esta postura pedindo á policía que rexistrase todos os computadores dos traballadores e hoxe o seu asesor formaliza o caso en Comisaría.

Xosu00e9 Dorru00edo


Xosé Antón Dorrío, o asesor do alcalde de Ourense que este sábado acusou a través das súas redes sociais a traballadores do Concello de ter 'caprichitos pederastas' formalizou a súa denuncia ante a Policía.


"UNHA PERSOA"

Así o fixo saber o propio rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, a preguntas dos xornalistas nas instalacións municipais. "É unha persoa que o fixo nas súas redes sociais, a título persoal, como unha contestación a alguén", dixo Jácome, que non o restou importancia ao tratarse de "unhas acusacións moi graves".

"Démoslle as instrucións de que denunciase de forma inmediata ante a Policía e que contactase coas autoridades porque é o que ten que facer", sinalou, para engadir que este asesor "mantivo, por así dicilo, varias reunións coas forzas de seguridade".


Así mesmo, sobre a peticións de cesamento polas graves acusacións, sostivo que "se esa persoa dixo a verdade, como se vai a cesar" aludindo a que "bastante ten con dicilo".


COMENTARIOS BORRADOS

Os feitos remóntanse á noite do sábado cando o asesor, a través do seu perfil na rede social de Twitter, publicou dous comentarios, que posteriormente eliminou, nos que se podía ler, "para caprichitos, os caprichos pederastas dalgúns traballadores do concello", convidando a Policía e Garda Civil a que buscasen "contidos pederastas en contas oficiais do concello" e asegurando que "as atoparían".

Así pois, todos os grupos municipais e os distintos sindicatos instaron o rexedor a tomar decisións, que pasaban por solicitar o cesamento inmediato do asesor se non formalizaba a denuncia e presentaba próbalas pertinentes por ser "un delito moi grave".


UN ASESOR CUESTIONADO PREVIAMENTE

Ademais, a Unión Sindical Obreira esixiu ao rexedor unha reunión urxente do asesor cos sindicatos para pedirlle aclaracións e critican que o alcalde, ata o momento, "non deu explicacións nin á representación sindical nin tampouco aos seus órganos de representación".

Así as cousas, lamentou que "unha vez máis a imaxe dos empregados municipais vese vilipendiada e posta en cuestión" coma se "todos os días debesen estar presentes nas refregas políticas".

Así mesmo, lembran que o nomeamento do asesor "foi cuestionado" fai máis dun ano polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia porque se trata dun posto de traballo de comunicación, que debería ser desempeñado por un profesional cunha das categorías relacionadas coa comunicación.)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE