A Coruña será a capital da ficción histórica co fallo do I Premio de Novela Histórica "Emilia Pardo Bazán"
O director da cátedra Vargas Llosa, Raúl Tola, será o encargado de coordinar un diálogo, no que intervirán os autores Luís García Jambrina, Almudena de Arteaga e Javier Mouro. Posteriormente Mario Jaramillo dirixirá a mesa redonda sobre Novela e historia con Alfredo Conde, Carmen Pousadas e Xosé Carlos Caneiro. O coloquio clausurarase coa entrega do Primeiro Premio de Novela HistóricaEmilia Pardo Bazán , dotado con 10.000 euros, impulsado pola Cátedra Vargas Llosa e pola Real Asociación de Fidalgos de España, representada polo seu Presidente, D. Manuel Pardo de Beira e Díaz.
Este venres 19 de novembro, A Coruña converterase na capital da ficción histórica . A cidade reunirá a algúns dos autores máis destacados do xénero en Galicia e España.
A entrada ao evento será libre, ata esgotar aforo, e realizarase no auditorio da Fundación Barrié.
O encontro comezará ás 16.30 horas cunha mesa redonda sobre ficción histórica. O director da cátedra Vargas Llosa, Raúl Tola, será o encargado de coordinar un diálogo, no que intervirán os autores Luís García Jambrina, Almudena de Arteaga e Javier Mouro.
Posteriormente Mario Jaramillo dirixirá a mesa redonda sobre Novela e historia con Alfredo Conde, Carmen Pousadas e Xosé Carlos Caneiro.
O coloquio clausurarase coa entrega do Primeiro Premio de Novela HistóricaEmilia Pardo Bazán , dotado con 10.000 euros, impulsado pola Cátedra Vargas Llosa e pola Real Asociación de Fidalgos de España, representada polo seu Presidente, D. Manuel Pardo de Beira e Díaz.
Ás seis e media da tarde farase público o nome da autora ou autor premiado que ademais recibirá unha réplica da figura da escritora de Marineda, inspirada na súa estatua dos Xardíns de Méndez Núñez.
O xurado encargado de seleccionar a obra gañadora estivo conformado polos escritores Javier Mouro e Carmen Pousadas, xunto co catedrático da Universidade da Coruña José María Paz Gago e os escritores Raúl Tola de Perú e Mario Jaramillo de Colombia.
A primeira edición do premio dedicada á autora gllego, con motivo do centenario da súa morte este ano, tivo unha gran repercusión, xa que se presentaron 704 relatos de países como . España, Israel e Alxeria.
Con esta práctica, renderase unha nova homenaxe á figura de Pardo Bazán e a súa polifacética obra, na que o xénero histórico ten un lugar especial. Coa novela Misterio (1902), inmediatamente traducida ao inglés e ao francés, a coruñesa converteuse nunha autora imprescindible do xénero.
Escribe o teu comentario