Salta un caso positivo de Covid-19 no persoal do CB Río Breogán antes do partido ante Manresa
O Club Baloncesto Río Breogán informou da detección dun caso de Covid-19 entre o persoal de xogadores do conxunto galego.
O equipo confirmou o positivo logo das probas realizadas tras o choque ante Gran Canaria, onde se detectou un caso.
Saída á pista do Breo | Foto: CB Breogán
O Club Baloncesto Río Breogán informou da detección dun caso de Covid-19 entre o persoal de xogadores do conxunto galego.
O club realizou probas PCR a todo o equipo, corpo técnico e empregados tras a detección de positivos no Gran Canaria, o último rival ao que se enfrontou o conxunto lucense.
Como resultado, confirmouse un positivo nun dos xogadores, que se atopa illado no seu domicilio, con síntomas leves e en contacto co equipo médico do club.
Escribe o teu comentario