Atascos de tráfico nos polígonos de Santiago en vésperas da campaña do Nadal debido a obras

As obras nunha de varias rúas do principal polígono comercial e industral da capital galega está a provocar grandes retencións de tráfico.Os atascos prometen ser unha constante durante as próximas semanas, algo que afectará especialemente a traballadores e compradores, coa campaña do Nadal ao virar a esquina.Un pasado atasco na entrada ao Polígono do Tambre nunha foto de arquivo de Veciños Compostela Norte Twitter Como vén sendo habitual desde hai uns días, esta mañá Santiago de Compostela amenceu con embotellamento sde coches que se dirixían ao polígono do Tambre e do veciño polígono comercial de Costa Vella,  motores económicos da capital galega e que a diario reciben a traballadores e consumidores procedentes de todos os puntos de Galicia.Onte e hoxe moitos chegaron tarde a fichar por culpa das retencións provocadas polas obras de asfaltado da Vía Edison, onde se traballa para mellorar o firme nun dos carrís que dá acceso ao Tambre. PROBLEMAS EN CONCHEIROS E VISTALEGREA as 9 horas as colas eran kilométircas na vía principal de acceso ás áreas industriais.


|

As obras nunha de varias rúas do principal polígono comercial e industral da capital galega está a provocar grandes retencións de tráfico.


Os atascos prometen ser unha constante durante as próximas semanas, algo que afectará especialemente a traballadores e compradores, coa campaña do Nadal ao virar a esquina.


Un pasado atasco na entrada ao Polu00edgono do Tambre nunha foto de arquivo de Veciños Compostela Norte Twitter

Un pasado atasco na entrada ao Polígono do Tambre nunha foto de arquivo de Veciños Compostela Norte Twitter 


Como vén sendo habitual desde hai uns días, esta mañá Santiago de Compostela amenceu con embotellamento sde coches que se dirixían ao polígono do Tambre e do veciño polígono comercial de Costa Vella,  motores económicos da capital galega e que a diario reciben a traballadores e consumidores procedentes de todos os puntos de Galicia.


Onte e hoxe moitos chegaron tarde a fichar por culpa das retencións provocadas polas obras de asfaltado da Vía Edison, onde se traballa para mellorar o firme nun dos carrís que dá acceso ao Tambre. 


PROBLEMAS EN CONCHEIROS E VISTALEGRE

Ás 9 horas as colas eran kilométircas na vía principal de acceso ás áreas industriais. Algunhas fontes indican que a fileira de coches prolongábase durante cinco quilómetros. Un  quebradizo máis para a Concellería de Obras do Concello de Santiago, á que está á fronte José Javier Fernández Martínez, que tamén ten unha fronte aberta  cos veciños de Vista Alegre ademais das eternas obras de Concheiros, que non acabarán a tempo de Fin de Ano, cando o Xacobeo, en circunstancias normais, debería terminar.


Os atascos nos polígonos non parecen ter solución a curto prazo, xa que en breve comezarán os arranxos de dous importantes viais do polígono de Costa Vella. 


Estas reparacións están incluídas na segunda campaña de reposición do asfalto que comezou este outono. As rúas de Polonia e Eslovenia serán as próximas afectadas, xusto cando a campaña do Nadal, que atrae a moitos visitantes a estes puntos para realizar as súas compras, está a piques de comezar, o que sen dúbida provocará máis embotellamentos como os vividos estes días.


Se a isto engadímoslle que as obras na avenida de Asturias non están terminadas, o panorama do Nadal preséntase, polo menos, gris para os negocios dos polígonos.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE