As pantasmas volven saír de noite no cemiterio de San Amaro, que recupera as visitas guiadas

As visitas guiadas ao histórico camposanto herculino tiveron que ser suspendidas durante a crise sanitaria. 


|

As visitas guiadas ao histórico camposanto herculino tiveron que ser suspendidas durante a crise sanitaria. 


Agora, cunha situación epidemiolóxica máis favorable, retornan as visitas da man de Fis de Cotobelo personaxe da obra 'O bosque animado'.


San amaro

Cemiterio de San Amaro | Foto: Turismo.gal


O Concello da Coruña recupera desde este sábado, e ata o día 18 de decembro, as visitas teatralizadas ao cemiterio de San Amaro que se tiveron que suspender por mor da pandemia.


Así o anunciou a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, durante a presentación desta actividade no devandito cemiterio, na que estivo acompañada polo guía Suso Martínez, que será o mestre de cerimonias das visitas na pel de Fiz de Cotobelo, personaxe da obra 'O bosque animado', de Wenceslao Fernández Flórez.


As visitas realizaranse os sábados de cada mes, ás 20,00 horas, e terán un aforo de 20 persoas, con inscrición previa. Esther Fontán sinalou que non se descarta, en caso de haber "unha demanda masiva", ampliar as visitas ao mes de xaneiro.

A concelleira dixo que "isto é moito máis que un cemiterio, é historia viva da nosa cidade". Pola súa banda, Suso Martínez sinalou que esta visita é "unha gran homenaxe aos nosos mortos". O guía apuntou que durarán hora e vinte e que serán "como un conto".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE