Clun (Feiraco, Clesa, Únicla e Arquega) anuncian que pagarán máis aos gandeiros pola lecha
A alianza de cooperativas lácteas galegas indica que é a segunda vez en catro meses que soben o prezo que reciben os produtores asociados.
A alianza de cooperativas lácteas galegas indica que é a segunda vez en catro meses que soben o prezo que reciben os produtores asociados.
A subida de custos está a provocar unha nova onda de reivindicacións no campo galego contra algunhas empresas. Por exemplo, Unións Agrarias anunciou protestas fronte ás plantas de Larsa en Vilalba e Outeiro de Rei.
"A fin de contribuír a garantir a rendibilidade das explotacións lácteas ante as subidas nos custos de produción, tales como a electricidade ou os combustibles, CLUN anuncia que as persoas asociadas a esta cooperativa agrogandeira verán incrementados novamente os seus ingresos pola recollida do leite en orixe", indica Cooperativas Lácteas Unidas nun comunicado.
UNHA CRISE ESTRUTURAL
O problema, con todo, é de maior calado. Algunhas comercializadoras, sobre todo as grandes cadeas e superficies de hipermercados, seguen, tras décadas de protestas gandeiras, explotando o leite como reclamo.
É dicir, véndena a prezos mínimos, con escaso ou ningunha marxe de beneficio, para atraer a consumidores a outros produtos. A consecuencia é que as comercializadoras reducen todo o que poden o prezo que pagan ás industrias e algunhas destas, á súa vez, aos gandeiros.
Consciente deste problema, CLUN anuncia que está a negociar coa distribución tarifas que "puedanrepercutir positivamente nos gandeiros, para que o prezo de venda de a leite no lineal poida compensar o aumento dos custos de produción". Juan Gallástegui, secretario de CLUN explica que é "o reto para CLUN é seguir incrementando o prezo do leite en orixe
en datas próximas, a medida que as empresas distribuidoras váianse sumando á estratexia de apoio ao sector".
Está por ver se as distribuidoras súmanse ou non a un aumento de prezos do que depende a supervivencia de un dos poucos sectores produtivos que mantén vivo a economía do rural galego.
Escribe o teu comentario