Primarias PSdeG: Abel Caballero, alcalde de Vigo, apoia ao seu sobriño Gonzalo e Inés Rey, alcaldesa da Coruña, a Formoso

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, votará ao actual secretario xeral do PSdeG, o seu sobriño Gonzalo Caballero, nas primarias que se celebrarán este sábado, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas ao rexedor.

|

O alcalde de Vigo insiste que el é neutral nas primarias socialistas pero hoxe filtrou que votará a Gonzalo Caballero, outrora o seu gran rival na agrupación local, para a que pactaron listas onte.


Valentín González Formoso conta co apoio explícito da alcaldesa da Coruña Inés Rey.  As primarias do PSOE convértense así, polo menos en parte, nunha especie de derby Celta vs Dépor, unha loita entre o norte e o sur do Eixo Atlántico da comunidade.


As candidaturas de Caballero e Formoso entregando os avais nunha fotomontaxe de Galiciapress

Caballero e Formoso nunha fotomontaxe cando presentaron os avais


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, votará ao actual secretario xeral do PSdeG, o seu sobriño Gonzalo Caballero, nas primarias que se celebrarán este sábado, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas ao rexedor.

As mesmas fontes matizaron que este é un apoio "a título persoal" do alcalde, que ten intención de votar "ao candidato da súa agrupación, que ademais é o seu sobriño", aínda que mantén que "publicamente" debe optar pola "neutralidade".

Respecto diso, as mesmas fontes lembraron que Abel Caballero, tal e como anunciou cando se convocaron as primarias do PSdeG, non participou en ningún acto dos candidatos neste proceso. Así, nin estivo presente na presentación do proxecto de Gonzalo Caballero, o pasado 8 de outubro; nin na presentación da candidatura de Valentín González Formoso o pasado martes, na sede da agrupación socialista viguesa (no que o presidente da Deputación da Coruña foi presentado polo secretario local, Abel Losada).


NON HAI CONSIGNA EN VIGO

Fuentes do PSOE vigués han recalcado que, en calquera caso e á marxe do que o alcalde faga a título persoal, "cada militante é libre de votar o que considere" nas primarias.

A confirmación do apoio do alcalde ao seu sobriño nas primarias chega poucas horas despois de que a candidatura de Gonzalo Caballero anunciase un acordo entre ambos para configurar unha lista de unidade de fronte ao XVI Congreso que o Partido Socialista de Galicia celebrará os próximos días 7 e 8 de decembro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE