Santiago de Compostela si terá cabalgata de Reyes despois de que o Concello rectifique a súa decisión
A capital galega si celebrará finalmente a tradicional cabalgata a pesar de que nun primeiro momento o Goberno de Sánchez Bugallo se habñiua oposto.
Una das cuestións que lle fixo reflexionar é que considera "moi inxusto" que unha discoteca recupere o 100% do aforo e os nenos queden sen a cabalgata.
Reis Magos | Foto: EP
Santiago de Compostela terá finalmente cabalgata de Reyes. Así o ratificou este luns o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen admitiu que, "tras darlle moitas voltas", decidiu "rectificar" a súa decisión inicial.
En declaracións aos medios, Bugallo indicou que, "en principio, había razóns para non convocar a cabalgata, sendo a fundamental que os menores de 12 anos están sen vacinar".
"Non facela non implicaba riscos, facela si", recoñeceu o alcalde da capital galega, quen destacou que o nivel de vacinación, así como a evolución da pandemia, é boa, tanto en España como en Galicia, pero hai outros países na que se deron retrocesos. Ademais, sinalou que o variante delta plus "xa está en España".
Así as cousas, falta por determinar as condicións nas que se celebrará a cabalgata de Reyes, que se fixarán en función de como vaia evolucionando a situación. O alcalde, que dixo que a cabalgata "debe ser móbil", aludiu á necesidade obrigada de levar máscara e a buscar vías para garantir algunha distancia de seguridade.
En todo caso, o alcalde admitiu que unha das cuestións que lle fixo reflexionar é que considera "moi inxusto" que unha discoteca recupere o 100% do aforo e os nenos queden sen a cabalgata.
Escribe o teu comentario