Chamarlle Foro La Toja e non Foro A Toxa é unha decisión comercial de Hotusa, xustifica a Xunta

A Consellería de Cultura enviou unha carta aos organizadores do evento lembrando que a denomiación oficial da illa é A Toxa e non A Toja

|

O polémico bautizo con un topónimio deturpado dun dos eventos políticos máis importantes do país foi cuestionado por colectivos como A Mesa pola Normalización e tamén polo Bloque


Foto de grupo do acto de clausura do I Foro A Toja-Vínculo Atlántico ao que asiste o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, no Grove (Pontevedra/Galicia/España) ao 5 de outubro

Foto de grupo do acto de clausura dunha das reunións de o  Foro La Toja-Vínculo Atlántico  no Grove 


A Xunta encadrou nunha decisión "comercial" dos organizadores do Foro A Toja, o grupo de orixe galega Hotusa, que empregasen o topónimo deturpado da illa da Toxa, no Grove (Pontevedra), para bautizar o evento que a finais de setembro reuniu a distintas personalidades da política e a economía, incluídos o rei Felipe VI e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Cuestionado durante a Comisión 4ª do Parlamento galego celebrada este venres pola deputada do BNG Montse Pardo, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asegurou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade enviou unha carta aos organizadores do foro, promovido polo grupo hostaleiro Hotusa, para "lembrarlles" que o topónimo oficial da illa arousá é A Toxa e non La Toja como figura na denominación do evento.

"Gustaríanos que tivese outro nome, e así llo trasladamos", apuntou García, que incidiu en que o nome do foro é "unha marca comercial" elixida pola empresa promotora, "que decidiu chamarlle así como puido chamarlle 'Mar dentro' ou 'Confín dous verdes castros'".

Así as cousas, o responsable de Política Lingüística ha desligado á Administración autonómica da organización do evento e, por tanto, do uso do topónimo deturpado. Nesta liña, incidiu en que "o apoio" da Xunta ao evento limítase á "presenza" do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e doutros membros do goberno.

FUNDACIÓN A TOJA
Nesta liña, Valentín García engadiu que o emprego de topónimos deturpados tamén existe noutros ámbitos, como en entidades deportivas "algunha da máxima relevancia", ademais de permanecer entre a sociedade á hora de referirse a lugares, como, por exemplo, ocorre na cidade de Santiago "ao falar da Porta Fajera ou de Conjo".

Cuestionado polo grupo nacionalista sobre a declaración como fundación de interese galego a entidade que organiza o foro este ano, o responsable do Executivo autonómico ha resaltado que o uso dun topónimo deturpado non é motivo para "negar" a súa inscrición no rexistro de fundacións autonómico.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE