Covid municipios: Adeus á nova normalidade en Pontevedra e Santiago empeza a controlarse


Santiago é a outra cidade que non está está en nova normalidade. Con todo, o seu cómputo semanal hoxe non crece, se estanca en 22. Algo que indica que poida que os brotes, de orixe escolar segundo indicou o SERGAS, fosen xa controlados. Con todo, desde unha perspectiva semanal aínda se ve a alza, cun 57% máis de positivos esta semana repecto á anterior.


|



No mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a cidade de Pontevedra perde o verde da nova normalidade en favor do amarelo do risco baixo. 


Cantos positivos explican este empeoramento de Pontevedra? É imposible sabelo dada a opacidade das cifras da Xunta. Sabemos que hoxe a urbe conta con 12 positivos na última semana. Onte, como eran menos de 10, a Xunta só informou de que había "entre 1 e 9". Por tanto, o salto podería ser tanto de +3 como de +9. 


Santiago é a outra cidade que non está está en nova normalidade. Con todo, o seu cómputo semanal hoxe non crece, se estanca en 22. Algo que indica que poida que os brotes, de orixe escolar segundo indicou o SERGAS, fosen xa controlados. Con todo, desde unha perspectiva semanal aínda se ve a alza, cun 57% máis de positivos esta semana repecto á anterior.

 


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de  0,95 ; o que quere dicir que na última semana houbo un   5% menos de positivos que na penúltima


Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1: 


  • Coruña (A) 0,86



Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancadaos desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto a 1: 


  • Vigo 1,00



Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 


  • Pontevedra 1,41
  • Santiago de Compostela 1,57



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 


  • Vigo +1



Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 


  • Coruña (A) -2


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A curva do distrito de Pontevedra confírmanos que algo inusual detectouse onte alí. Tras varios meses de constantes baixadas, os casos activos soben de 28 a 33. 


A nivel galego, os casos activos de Covid-19 descenden ata os 443, oito menos, ao haber menos contagios (26) que altas (34), e ao non haber falecidos.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas de Pontevedra e O Salnés (+5) e Ferrol (+1), mentres que descenden na da Coruña e Cee (-6), Ourense (-5), Lugo (-5), Santiago e Barbanza (-2). En Vigo non se rexistraron cambios nas últimas 24 horas. 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Pola súa banda, os novos contagios de Covid no conxunto de Galicia baixan a 26, dous menos que nas últimas 24 horas, que supoñen 12 menos que os detectados este venres, tras os 16 do xoves; os 31 do mércores; 33 do martes e arrincar a semana con 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de 'nova normalidade'.

Sanidade indica nos seus datos que dos novos positivos confirmáronse 27 nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa. Do total, sete corresponden á área de Santiago e Barbanza; cinco, á de Vigo; outro, á da Coruña e Cee; cero, á de Ourense; tres, á de Lugo; dous, á de Ferrol; e oito, á de Pontevedra e O Salnés.

 

Segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI soben a 8 --unha máis--, mentres continúan 27 ingresados noutras unidades.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria só alíviase na da Coruña-Cee, mentres que sobe lixeiramente na de Ourense e Vigo, e mantense nas restantes.

En concreto, na da Coruña e Cee conta con catro pacientes ingresados pola Covid en UCI --uno máis-- e baixan a 10 os doutras unidades --dúas menos--; mentres que a de Santiago e Barbanza segue sen críticos e rexistra catro noutras unidades --sen cambios--.

Polo seu lado, na área de Lugo continúan con dous pacientes Covid ingresados en UCI e segue un en planta; mentres que a de Ourense mantense sen críticos pero conta con dous pacientes en planta --uno máis--.

Pola súa banda, a área de Vigo mantense cun en UCI e conta con oito noutras unidades --uno máis--; Ferrol, mantense sen críticos e cun en planta; e Pontevedra e O Salnés, continúa cun en cada caso. 

EPL0q incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE