Poucas, mal e tarde: así son as axudas a gandeiros da Xunta, cuxas batidas cazaron só un lobo desde 2013

Galiciapress charla con representantes do Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias nesta segunda entrega para achegar a situación do sector primario nesta disputa legal contra o lobo ibérico, no punto de mira xa non dos cazadores, senón das administracións españolas, que coas súas batidas só cazaron un lobo desde 2013, aínda que a Xunta ve “terrible” que se protexa ao lobo.


|

A nova categoría na que se encadrou ao lobo ibérico como unha especie protexida da caza ha desatado unha loita sen cuartel entre políticos, gandeiros, sindicados, ecoloxistas e conservacionistas, cada un cos seus puntos de vista ao redor dun animal que no século pasado estivo ao bordo da extinción e do que non se coñece o verdadeiro número de exemplares.


Galiciapress trata de coñecer todas estas posturas en unha serie de reportaxes para explicar o alcance e as consecuencias desta decisión do Goberno de España e á que se opoñen a Xunta, sindicatos e cazadores, polo que sen dúbida avecíñase unha batalla legal que pode durar anos.


Galiciapress charla con representantes do Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias nesta segunda entrega para achegar a situación do sector primario nesta disputa legal contra o lobo ibérico, no punto de mira xa non dos cazadores, senón das administracións españolas, que coas súas batidas só cazaron un lobo desde 2013, aínda que a Xunta ve “terrible” que se protexa ao lobo.


Protestas lobo

Protestas en Viveiro pola "desprotección" fronte ao lobo | Foto: UU.AA.


Lobo si, lobo non, lobo sempre, lobo nunca, lobo só ás veces... O Goberno de España, a Xunta de Galicia e outras comunidades autónomas levan anos inmersos nunha guerra fraticida cun cánido como escusa para lanzarse os trastes uns a outros. As administracións dirixen a batalla desde palacio, pero nas trincheiras están os de sempre, uns agricultores e gandeiros que oen asubiar unhas balas que non saben ben de onde veñen. Mentres, o lobo, segundo os principais sindicatos do sector primario, se relame na escuridade, á espera dun descoido que lle permita facer dunha res, o sustento de moitas familias, a súa próxima cea.


Para o Sindicato Labrego Galego o quid da cuestión reside é “unha guerra política e partidista entre a Xunta de Galicia e o Ministerio”. “Nesta guerra os grandes esquecidas son os gandeiro que día a día sofren os ataques do lobo”, inciden desde o sindicato, á vez que lembran que as batidas da Xunta -aínda vixentes- non cazaron nin un só lobo “desde 2013”, polo que non comprenden que á Xunta “énchaselle a boca para falar do terrible que é a inclusión do lobo na listaxe LESPRE”.


“Levamos meses denunciando a hipocrisía da Consellería e pedíndolles que se deixen de xogos políticos e que, dunha vez por todas e mentres teñan ese deber, lexislen para defender os intereses das persoas gandeiras, axilizando o pago das axudas, dotando as ordes de máis medias para medidas preventivas...”, reclaman desde o SLG, que tamén lembra que as axudas para prevención publicadas en xaneiro aínda non foron resoltas.


En iguais termos exprésanse desde Unións Agrarias, que piden Moncloa e San Caetano “que deixen de xogar ao frontón político cos intereses dos gandeiros” a fin de “resolver as dúbidas legais”. Ademais, conceden un mes de prazo ás administracións para “ a renovación das liñas de axudas polos ataques do lobo ao gando”.


“Neste momento os gandeiros galegos quedan abandonados fronte aos danos do lobo, que superan anualmente o millón de euros na nosa Comunidade Autónoma con tendencia crecente cada ano, polo que tiña que estar previsto”, denuncian desde UU.AA. Neste sentido, lembran que o sindicato reclamará á Xunta por vía xudicial “os danos que produza o lobo na cabana gandeira galega”.



E ESTE CORDEIRO, QUEN O PAGA?

A decisión do sindicato prodúcese logo de que a Xunta determinase cancelar a orde de axudas por ataques de lobo escudándose o novo nivel de protección, xa que a propia Ángeles Vázquez manifestou que con esta norma, "non haberá maneira de que ningún organismo" poida destinar axudas a gandeiros por danos por ataques de lobos se os donos das explotacións non teñen implementado un plan de prevención "específico".


Unha decisión que desde Unions Agrarias cren que pillou a Xunta e Goberno central “por sorpresa” a pesar dos anos de negociacións, xa que parecen non acordar “nin quen exercería as competencias” nin cal sería “responsable do pago dos danos”. “A Xunta non pode pechar a chave, a día de hoxe segue sendo obrigación súa. Tampouco podemos esperar da Consellería outra cousa porque leva décadas desentendéndose do problema, e agora parece que atopou a escusa perfecta para lavarse as mans”, recelan desde o SLG. Na mesma liña, pide aos gandeiros que sigan denunciando os danos e presionando” para que o plan de xestión do lobo “sexa de verdade un plan de xestión e non un paso atrás”.


Ata o de agora, as liñas de axudas, de dous tipos -axudas por danos e axudas para a prevención- resultaban “insuficientes”, demasiado dilatadas no tempo e non cobren a totalidade das perdas, segundo os gandeiros. Só no últimos seis anos, como transmiten desde a Xunta, os lobos coméronse un orzamento de 4,6 millóns de euros “a liñas de axudas para a adquisición e instalación de medidas preventivas fronte aos danos que o lobo ibérico ocasiona sobre as explotacións agrogandeiras”. Neste sentido, 2,1 millóns foron parar a estas explotacións para os plans de prevención; 2,5 millóns ás indemnizacións. O aumento do orzamento foi gradual, desde os 150.000 euros nas convocatorias de prevención de 2016 ata os 300.000 euros da convocatoria deste 2021.


Os 300.000 euros deste ano desagréganse en “200.000 euros estaban previstos destinalos para a adquisición de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cercas móbiles de malla electrificada e 100.000 euros para a adquisición e instalación de valados fixos”.


“Do total de solicitudes recibidas, algo máis de 900 cumpren cos requisitos establecidos nas bases da convocatoria, pero co crédito consignado só poderíase facer fronte a un terzo delas, quedando o resto de posibles beneficiarios sen poder percibir estas axudas por insuficiencia de crédito orzamentario”, puntualizan desde a Xunta. Isto quere dicir que ao redor de 600 solicitantes quedarían fóra destas axudas.



“Para atender á práctica totalidade das solicitudes da convocatoria de 2021, a Xunta de Galicia decidiu ampliar o crédito orzamentario en máis de 600.000 euros e, así mesmo, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, amplía o prazo para a xustificación dos gastos ata o 26 de novembro —inicialmente finalizaba o 9 de outubro—“, engaden. Así, e sempre segundo as contas da administración, a Xunta está preto de sextuplicar o orzamento de 2016.


AXUDAS QUE CHEGAN TARDE, CONTÍAS INSUFICIENTES...

A pesar dos plans de prevención, cada ano as perdas do sector “superan o millón de euros” segundo UU.AA., aínda que a maioría de explotacións “teñen algunha medida de prevención” como cans ou peches. “O gran problema é que coa precaria situación económica que atravesan sectores como o do vacún de carne, ovino etc. en moitos casos non hai recursos dispoñibles para poñer en marcha un plan de prevención integral e completo”, subliñan desde o Sindicato Labrego Galego.


“Os informes que o Ministerio preparou sobre a posta en marcha de plans de prevención, e que pretende sexan de obrigado cumprimento para mesmo optar ás axudas, falan dun custo medio de entre 12.000€ e 20.000€ para unha explotación media en Galicia, sobre 20-25 vacas ama de cría. Agora mesmo, coa crise estrutural destes sectores, en moitos casos é inviable que as explotacións leven a cabo estes plans de prevención”, comentan.


Os sindicatos, a pesar do que poida parecer, avogan pola “conservación” do lobo “para as xeracións futuras”, un obxectivo alcanzable “cun marco que garanta a convivencia da actividade gandeira coas poboacións de lobo, sendo ao mesmo tempo fundamental a solidariedade da sociedade á hora de compensar as perdas que este depredador produce no gando, e tendo que existir medidas de control para os casos de ataques reiterados as explotacións e situacións de risco para a seguridade das persoas no rural”.


No SLG van máis lonxe ao lembrar os máis de 2.000 ataques documentados ao gando, aínda que moitos quedan sen denunciar porque os afectados, ante os mecanismos da Consellería “non o ven útil”. Así, o problema final non é co lobo, senón con “a xestión” que se fai sobre este depredador, un problema “de de prevención e convivencia coa fauna salvaxe” que Galicia arrastra desde hai décadas.



“É esta falta de xestión do territorio por parte das administracións públicas, principalmente a Xunta de Galicia, a que está a provocar problemas de convivencia coa fauna salvaxe como o lobo e o xabaril... A convivencia con esta fauna ten que existir e é necesaria para manter o equilibrio ecolóxico, pero en lugar de quedarnos co número de ataques do lobo ou xabaril temos que pensar que ao mellor este incremento de ataques é froito dunha nefasta xestión territorial onde fomos nós mesmos os que rompemos o equilibrio ecolóxico”, recoñecen. E mentres os ollos amarelos brillan na escuridade.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE