Aberta a inscrición para cursos en liña de voluntariado da Xunta

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, abriu a inscrición para o Plan de formación para as persoas voluntarias de Galicia "co obxectivo de ofrecer opcións de formación dixital en materia de voluntariado".

|


Programa de voluntariado ambiental de Abanca na praia de Doniños.

Voluntariado ambiental


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, abriu a inscrición para o Plan de formación para as persoas voluntarias de Galicia "co obxectivo de ofrecer opcións de formación dixital en materia de voluntariado".



Segundo informa o departamento nun comunicado, os interesados poderán solicitar unha praza no campus en liña na páxina web de Voluntariado, cuxo prazo permanecerá aberto ata que se esgoten as prazas.

A oferta formativa está integrada por seis cursos en liña que ofrecen un total de 630 prazas e que están orientados á formación específica en materia de voluntariado en áreas como: nocións básicas de voluntariado, competencias en materia de voluntariado, lingua de signos, formación en igualdade para a prevención e enfrontamento da violencia de xénero, voluntariado ambiental e voluntariado desde os centros educativos.

O plan de formación está dirixido a maiores de 16 anos "interesados en conseguir coñecementos especializados en materia de acción voluntaria". Cada solicitante poderá inscribirse nun máximo de dous cursos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE