Covid por concellos: Cambre segue empeorando, Ourense empeza a crecer e A Coruña enfila a súa recuperación

Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte:  Cambre +4 Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:  A Coruña -14Vigo -3 TODOS Os MUNICIPIOS A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA A Comunidade galega afronta o sábado da ponte de outubro, o primeiro con Galicia en niveis de 'nova normalidade', con tendencia descendente dos casos activos que caen ata os 554, que implican 35 menos que os rexistrados a xornada anterior.Esta baixada se replica en cinco das sete áreas sanitarias (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago), mentres que nas outras dúas (Ferrol e Vigo) mantéñense.A área sanitaria da Coruña mantense na cabeza con 152 infectados (-9), seguida da de Vigo con 110.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como A Coruña empeza a sobrepoñerse aos brotes que rexistrou nunha escola e unha residencia da cidade herculina e que fixeron elevar o número de casos activos. Hoxe lidera os descensos cunha variación de catorce casos menos.


No lado oposto, atopamos á súa veciña Cambre, que crece con catro casos activos máis, o maior salto da xornada. Ou iso crese, xa que Ourense, que contaba onte con entre 1 e 9 casos activos, hoxe atópase na decena, o que podería supoñer un caso máis ou nove casos máis nun só día. De calquera xeito, a razón de taxas pon á cidade auriense nunha tendencia á alza. 


O único concello cunha incidencia superior a 250 por cada 100.000 habitantes é Vilariño de Conso. 


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de  0, ; o que quere dicir que na última semana houbo un   % menos de positivos que na penúltima. 


Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1: 


  • A Coruña: 0,97
  • Vigo: 0,71


Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 


  • Cambre: 1,75
  • Ourense: 1,25


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 


  • Cambre +4


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 


  • A Coruña -14
  • Vigo -3


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A Comunidade galega afronta o sábado da ponte de outubro, o primeiro con Galicia en niveis de 'nova normalidade', con tendencia descendente dos casos activos que caen ata os 554, que implican 35 menos que os rexistrados a xornada anterior.

Esta baixada se replica en cinco das sete áreas sanitarias (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago), mentres que nas outras dúas (Ferrol e Vigo) mantéñense.

A área sanitaria da Coruña mantense na cabeza con 152 infectados (-9), seguida da de Vigo con 110. As restantes contabilizan menos dun centenar de enfermos covid: Ourense con 95 (-17), Lugo con 85 (-7), Santiago con 61 (-2), Pontevedra con 43 (-1) e Ferrol con só oito.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Galicia arrinca a ponte do Pilar cun novo descenso dos casos activos de covid-19, que se sitúan en 554, e nos hospitalizados, que descenden a 40 --dous menos que a xornada anterior--. Mentres tanto, os novos contagios por coronavirus detectados na Comunidade baixan a 23.

No que respecta a a presión hospitalaria, segundo os datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do venres, hai 31 persoas ingresadas en planta --unha menos-- e nove en unidades de coidados intensivos (UCI) --una menos--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende en catro das sete. A de Ourense-Verín-O Barco queda sen pacientes covid en unidades convencionais (-1), aínda que se mantén cun na UCI.

Na de Santiago-Barbanza, baixan a seis as persoas con coronavirus en planta (-1) e segue unha persoa en críticos; e en Pontevedra-O Salnés, quedan un en unidades convencionais (-1) e outro na UCI. Á súa vez, os hospitais da área de Ferrol conseguen quedar de novo sen ingresados por covid-19.

Mentres tanto, a área sanitaria da Coruña-Cee mantense con 15 hospitalizados, ao compensar a baixada nos pacientes en coidados intensivos a tres (-1) coa subida en planta a 12 (+1).

No lado oposto, con aumentos da presión asistencial, están as áreas de Vigo, con sete enfermos covid en planta (+1) e ningún en críticos; e Lugo-A Mariña-Monforte, que contabiliza cinco en unidades convencionais (+1) e tres en coidados intensivos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE