​(VÍDEO) Os espectadores de MasterChef pasan factura ao programa e os seus xuíces en redes sociais pola “bromita do acento galego”

Ningún dos tres chefs de renome quixeron saír ao paso dos sucedido a pesar das numerosas mensaxes en redes de espectadores criticando o ocorrido cando os presentadores dedicáronse a imitar o acento galego mentres os concursantes cociñaban con produtos do mar na cidade da Coruña, por onde pasearon pola súa praza de abastos e nos arredores da Torre de Hércules.


|

A polémica do último programa de TVE segue deixando un bo reguero de reaccións por parte da sociedade galega, que piden explicacións aos xuíces do concurso polo seu “bromita” imitando o acento galego.


Un dos presentadores, Jordi Cruz, quixo tentar aclarar a polémica en Instagram sobre “un idioma precioso” pero subliñando que a súa declaración non eran unhas desculpas.


Masterchef

Os xuíces de MasterChef co actor galego Javier Gutiérrez | Foto: EP


Nun programa con David Bustamante, Juanma Castaños, Terelu Campos ou Verónica Forqué, os protagonistas volveron ser, unha vez máis, os xuíces: Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera. E non precisamente por algo bo, xa que unha escena dos tres imitando o acento galego de forma forzada e con bastante pouca graza en MasterChef Celebrity espertou moito malestar en Galicia, onde mesmo hai un movemento, orquestrado pola plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística, para promover un apagamento á RTVE o vindeiro luns 11 de outubro como protesta por este feito e pola emisión mínima de contidos en galego na televisión pública.



“Que che pasa na boca?”, preguntaba o reputado chef Pepe Rodríguez á súa compañeira, mentres ela tentaba imitar a forma de falar dos galegos e galegas cos percebes como pretexto. “Samantiña”, “percebiño” ou “catalansiño” foron algunhas das perlas dos xuíces do concurso para imitar o idioma propio de Galicia.



De momento, e a pesar da polémica, as contas de Twitter dos implicados gardan silencio. Ningún dos tres chefs de renome quixeron saír ao paso dos sucedido a pesar das numerosas mensaxes en redes de espectadores criticando o ocorrido cando os presentadores dedicáronse a imitar o acento galego mentres os concursantes cociñaban con produtos do mar na cidade da Coruña, por onde pasearon pola súa praza de abastos e nos arredores da Torre de Hércules.



UNHA DESCULPA SEN SELO

Os seus perfís de Twitter non se saen da vía e seguen centrados exclusivamente no autobombo dos programas que presentan, porque ademais de Master Chef Celebrity existen os programas Master Chef, con persoas amateur entre fogóns e aspirantes a levar a súa propia cociña, e Master Chef Junior, onde son os nenos os concursantes e onde tamén se viviron momentos verdadeiramente polémicos en edicións anteriores.


O que si se pronunciou, aínda que na súa conta de Instagram, foi o cociñeiro catalán Jordi Cruz, que participou colateralmente na escena e que, ante todo, manifestou que o que nin eran “unhas desculpas” nin pretendía pedilas, aínda que si concluíu dicindo “mil perdoes” aos que sentisen ofendidos.





“Sei que hai moita xente que se ofendeu por esa proba. Podería pedir desculpas por iso. Eu pídoas, pero a intención do programa nunca é meterse con ningún tipo de dialecto nin de zona. Ao contrario, é dala a coñecer”, subliñou. “Non nos metemos co galego, facemos o ridículo porque non o falamos”, puntualizou Cruz, á vez que cualificou ao galego de ser “un idioma precioso”.


REACCIÓN DA AUDIENCIA

Aínda que aínda non hai máis resposta por parte dos protagonistas, os que non se fixeron esperar foron os aludidos. Moitos espectadores reaccionaron á “bromita do acento”, como a tacharon algúns, nun gag que consideraron “ofensivo”, “vergoñoso” e que mesmo traspasou as fronteiras doutras comunidades autónomas, que se solidarizaron con Galicia.





Agora haberá que esperar ao próximo luns para ver se a audiencia decide dar realmente as costas ao programa ou se perdoan a enésima metedura de pata dos seus xuíces, que nesta ocasión, poden saír moi queimados da cociña.   





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE