Así é Exquisiña, a receita de torta de queixo con alma galega de Feiraco, Quescrem e Pazo de Vilane

Os autores da receita son os cociñeiros Lucía Freitas  e Pablo Gallego.A receita utiliza ingredientes do país, en concreto ovos de Antas de Ulla, nata de Ponte Maceira e o queixo de Castro Ribeiras de Lea.  


|

Tres empresas galegas e dous coñecidos chefs do país presentaron hoxe Exquisña, unha receita de torta de queixo "con alma galega". 


Presentaciu00f3n de Exquisiu00f1á receita galega de torta de queixo


Fixérono esta mañá nun acto en Centro Superior de Hostalería de Galicia situado en Santiago co obxectivo de "chamar a atención de lal necesidade de colaboración entre empresas". 


Os promotores da iniciativa son a cooperativa láctea CLUN (participada por Feiraco), a empresa de base tecnolóxica Quescrem e a granxa avícola Pazo de Vilane. Os autores da receita son os cociñeiros Lucía Freitas  e Pablo Gallego.


A receita utiliza ingredientes do país, en concreto ovos de Antas de Ulla, nata de Ponte Maceira e o queixo de Castro Ribeiras de Lea. 


A directora xeral de Pazo de Vilane, Nuria Varela-Puertas, cre que “como produtores agroalimentarios da Galicia rural, debemos apostar pola incrible calidade dos produtos ben elaborados en Galicia, polo benestar animal, como convicción e por ser columna vertebral do territorio, unha das vías para que non se perda o saber facer do galego en moitas zonas. Esta será unha das formas de dar longa vida ao noso sector e a nosa gastronomía. Poderemos distinguirnos e sobrevivir aos vaivéns do mercado se somos diferentes e defendemos o que facemos: producir alimentos saudables e ricos que protexan a saúde de todas as persoas, o benestar e as nosas tradicións ”.


Pola súa banda, o primeiro executivo de Innolact, a empresa que creou Quescrem, Sergio Martínez salientou no seu discurso que “as empresas non só teñen a responsabilidade de ofrecer aos consumidor produtos de calidade senón tamén de promover o desenvolvemento social e económico da nosa contorna.


O secretario xeral de CLUN-Feiraco, Juan Gallástegui, reivindicou as sinerxias de traballar en cooperativa. "CLUN traballa sempre para ofrecer calidade galega porque ten un impacto positivo no noso campo", concluíu.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE