O vídeo viral de Jácome explicando os novos "busitos" sobre o mapa de Ourense
Jácome explica as novas liñas armado cun florescente e uns numerosos mapas, que critica por non ter o norte cara arriba, no canto de viralo.
O alcalde de Ourense presentou hai uns días o proxecto de novas liñas de autobuses de "alta frecuencia". Os traxectos son produto das "ideas eureka" que Gonzalo Pérez Jácome di ter ao espertarse, segundo pódese escoitar nun vídeo-resumen da presentación.
Gonzalo Pérez Jácome explicando as novas liñas de autobuses de Ourense
O vídeo está editado por ZOQUETEman, unha das numerosas contas satíricas que floreceron en Ourense alimentadas polo peculiar estilo do líder de Democracia Ourensá.
O político localista explica que consultou a expertos pero que as súas indicacións non lle convenceron en absoluto, polo que el mesmo púxose ao choio. Jácome explica as novas liñas armado cun florescente e uns numerosos mapas, que critica por non ter o norte cara arriba, no canto de viralo.
Unha longa intervención que, por certo, conclúe cun pouco instucional "gastamos máis en mapas que ou carallo". A presentación ao completo, de case 50 minutos, pode verse neste vídeo:
Escribe o teu comentario