Renfe denuncia violación dos servizos mínimos da huega e os maquinistas négano


Algúns usuarios galegos empezan a queixarse de trens nos roteiros do eixo Atlántico. A situación é peor en Cataluña e Madrid, onde tiveron que pechar mesmo estacións enteiras.


|

Algúns usuarios galegos empezan a queixarse de trens nos roteiros do eixo Atlántico. A situación é peor en Cataluña e Madrid, onde tiveron que pechar mesmo estacións enteiras.



Portavoz do SEMAF

Portavoz do SEMAF atendendo á prensa

 


As consecuencias da folga  do sindicato de maquinistas SEMAF e a suposta ausencia inxustificada dalgúns deles aos seus postos de traballo están a afectar considerablemente miles de persoas usuarias de proximidade desde primeira hora desta mañá. 



Rodalies33

En Cataluña, o incumprimento dos servizos mínimos por parte dun grupo de maquinistas está a afectar o 47% do servizo previsto durante este xoves. Ata o momento, tivéronse que cancelar a circulación de 81 trens. 


Por agora non hai datos de Galicia, pero é previsible que tamén haxa problemas. Xa hai usuarios que se están queixando de atrasos.






RENFE lamenta que, "pola irresponsabilidade duns poucos maquinistas, miles de cidadáns e cidadás tivesen problemas para desprazarse aos seus postos de traballo e de estudo, afectando gravemente a súa mobilidade". 



Os folguistas reaccionaron inmediatamente. O SEMAF apunta a que as "saturacións en varios puntos da rede" débese ao "caos" da empresa pública á hora de notificar que traballadores debían cubrir os servizos mínimos. 




O SEMAF xustifica o paro pola suposta privatización do servizo. Por exemplo, no campo das mercadorías. 




PECHES DE ESTACIÓNS
Os atrasos e a diminución de frecuencias, a causa do incumprimento dos servizos mínimos anunciados e comunicados aos maquinistas con antelación, provocou segundo Renfe, aglomeracións de usuarios nalgunhas plataformas e estacións. Por seguridade, Renfe tomou a decisión de pechar as estacións de Terrassa Este e Mollet Sant Fost.


Para RENFE, estes feitos e as súas derivadas "son intolerables". Por iso, a compañía está "a estudar as medidas para adoptar contra os maquinistas que decidiron non presentarse aos seus postos de traballo, a pesar de dispoñer de carta de servizos mínimo, ao considerar que se trata dun acto deliberado". 



Rodalies334


Con motivo das xornadas de folga, RENFE reforzou a súa comunicación cos viaxeiros que se poidan ver afectados, a través de todas as súas canles de información e atención ao cliente.


RENFE reitera, de novo, "as súas desculpas a os cidadáns por esta folga sen motivo e lamenta as molestias que se están ocasionando que esperan corrixir canto antes". 


Como saber se ao meu tren aféctalle a folga de maquinistas de Renfe?


Con motivo das xornadas de folga convocadas por SEMAF, Renfe está a reforzar, xa desde esta mesma noite, a comunicación cos viaxeiros que se poidan ver afectados a través de todas as súas canles de información e atención ao cliente polos paros este xoves, que se alongarán os días 1, 4, 5, 7, 8, 11 e 12 de outubro.


Ademais da información que se está publicando na web renfe.com e nas diferentes contas de twitter @renfe @inforenfe así como @CercaniasMadrid, @CercaniasVLC e @rodalies, están a remitirse máis de 265.000 comunicacións personalizadas (mediante sms e mail) informando de posibles afectacións a clientes de AVE-Longa Distancia, titulares de abonos de Media Distancia e usuarios que contan con a tarxeta Renfe&Ti.


Durante as xornadas de folga, Renfe reforzará o persoal de información e atención ao cliente para poder comunicar as afectacións que se poidan producir como consecuencia destas folgas que o Sindicato de Maquinistas leva a cabo sen motivo real.


Que trens circulasen durante a folga?


Os servizos mínimos esenciais, de obrigado cumprimento segundo sentenza  da Audiencia Nacional, establécense en trens de proximidade en función dos diferentes núcleos, liñas e franxas horarias, variando a porcentaxe entre uns máximos do 75% en hora punta e do 50% do servizo habitual no resto do día.


En trens de Media Distancia establécese unha media do 65% dos servizos habituais, e nos de Alta Velocidade e Longa Distancia, o 72%. Con respecto aos trens de Mercadorías, establécese unha porcentaxe do 24% do servizo habitual.


Os viaxeiros poden consultar a información sobre os servizos en estacións, teléfono 912 320 320, e nas contas de Twitter @InfoRenfe, @CercaniasMadrid, @CercaniasVLC e @rodalies



Que facer se o meu billete é dunha viaxe cancelada pola huega?



Para os viaxeiros de Ave/Longa Distancia e Media Distancia cuxo tren estea afectado polos servizos mínimos e, por tanto, non estea incluído na relación que se recolle na resolución, Renfe estableceu as seguintes medidas de postventa:


- Aos viaxeiros afectados por trens suprimidos ofreceráselles, sempre que sexa posible, viaxar noutro tren no horario máis aproximado ao adquirido.


- Se non desexan realizar viaxe, poderán anular ou cambiar para outra data o seu billete sen ningún custo. As operacións de anulación ou cambio pódense realizar en todas as canles de venda de Renfe.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE