Nova normalidade en Galicia por vez primeira grazas ás vacinas tras esborrallarse os positivos semanais de covid
Os 23 novos positivos por PCR comunicados hoxe axudan a conseguir o que o país xamais lograra. A incidencia semanal do coronavirus baixa de 10 e conquistamos así a nova normalidade.
Os 23 novos positivos por PCR comunicados hoxe axudan a conseguir o que o país xamais lograra. A incidencia semanal do coronavirus baixa de 10 e conquistamos así a nova normalidade.
Ademais, os casos activos continúan desecendiendo e quedan pouco máis de 1.000. O ritmo de descenso, que perdera brío os últimos días, refórzase hoxe.
A incidencia acumulada semanal cae de 10,1 a 9,1. É o mellor valor de toda a serie histórica de Galiciapress, iniciada en agosto de 2020;,non só desde que existe o semáforo de alertas, creado no outono de 2020. Ao baixar de 10 positivos por cada 100.000 galegos correspóndenos por fin o nivel de nova normalidade.
A incidencia acumulada a 14 días descende de 29,7 a 26,5. Son tres puntos de caída, un descenso na liña cos de días anteriores. Aínda que este índice tamén está en mínimos históricos, aínda non ha conquisto a nova normalidade. Según o semáforo de alertas oficial, necesita baixar de 25. Cun pouco de sorte, Galicia conseguirao mañá. Por agora seguimos en risco baixo.
O dobre da incidencia semanal (18,2) é menor que a incidencia bisemanal ( 26,5 ). En concreto, a razón de taxas resultante é de 0,69. É practicamente a mesma que onte e indica que os positivos semanais están a baixar a un excelente ritmo de un 31% menos cada semana.
A taxa de positividade onte foi do 0,75%. É a primeira vez en toda a serie histórica que mantén este diario que é menor que 1. É probable que sexa a mellor de toda a pandemia, dada a escaseza de PCRs ata setembro de 2020.
Logicamente, con tal resultado hoxe a media móbil semanal, o indicador que realmente conta, segue baixando. Cae a 1,5% que é o mellor valor de toda a serie e que nos mantén en nova normalidade na escala deste índice no semáforo de alertas.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
O total de infectados descende hoxe un -8,21%. É o segundo mellor resultado de toda a serie histórica e un dato moi importante. Nas últimas xornadas os casos activos habían descendido menos do que estabamos afeitos. Esta -8,21% axuda a que a media móbil semanal, o índice máis relevante, mellore un pouquiño ata -7%.
En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso de 90, deixando en total en 1006 casos activos.
CONCLUSIÓNS
Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:
- Os indicadores da pandemia en Galicia están en mínimos históricos desde o final de confinamento. Probablemente haxa menos virus agora que mesmo entón, dada a inicial escaseza de PCRs.
- O coronavirus segue baténdose en retirada. Perde terreo a unha gran velocidade. Non tan rápido como a mediados de setembro, pero aínda así a unha velocidade moi importante.
- A melloría é global, os casos activos levan baixando en todas as áreas desde o 1 de setembro case sen interrupcion.
- As poucas interrupcións na melloría este mes rexistráronse nos distritos con brotes escolares, Ourense ( O Barco) e Lugo (Foz). A menor transparencia da Xunta cos datos de positivos nas aulas este curso lastra a capacidade da sociedade de combater a pandemia nun das poucas frontes onde o virus ten aínda moitas vías para expandirse.
- Significa todo isto que xamais volveremos ter que capear unha onda de covid-19 significativa? É imposible afirmar tal cousa. Hai factores de risco, como ver como afecta a chegada do inverno á poboación máis vella, cuxa segunda dósis cumprirá máis de seis meses antes de Nadal.
DATOS POR ÁREAS
Vigo (5) e Ourense (3) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. Pontevedra bate o seu mellor marca este ano con só 1 positivo.
Aínda hai 15 galegos enfermos críticos, tras a morte dunha persoa onte. Deles 5 están no CHUAC. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario